viernes, 27 de abril de 2018

Titorial Impresión 3D

Realizado polo alumnado de 5 anos para explicar o proceso desde o deseño ata a impresión dun obxecto en 3D.

Impresión 3D: Agasallo Semana do Libro

A biblioBN quere agradecer a todo o alumnado e profesorado a súa implicación nesta semana.
Sacamos do Thingiverse a imaxe dun libro e engadímoslle o texto co Tinkercad.
O agasallo leva unha sorpresa engadida, o QR que da acceso ao vídeo que gravamos co texto de Fran Alonso. 


 

Semana do Libro: Venres, alumnado de inglés

E rematamos esta fantástica semana cos libros como protagonistas, coa dramatización, por parte de todo o alumnado, do mítico We´re going on a bear hunt.



As familias contan: Ana, mamá de Martín


Ana, fixo doblete este curso na biblioBN. Hoxe deixounos coa inquedanza do que pasou El día que los crayones renunciaron.
Xa sabemos o que temos que facer se non queremos que as nosas cores nos escriban.

Grazas polo teu compromiso con esta escola e esta biblioteca!!!

jueves, 26 de abril de 2018

Semana do libro: Xoves, alumnado de A.L.

E como na biblioBN todos contamos, tócalle o turno ao alumnado de A.L.
Fantástica representación na mesa de luz de Aquí es mi casa.




As familias contan: Lorena, mamá de Rai


Lorena e Rai achegáronnos unha das nosas lecturas favoritas: "Salvaje". Unha boa reflexión sobre a maneira de vivir dos adultos. 



Grazas por facernos saber que a nosa casa é aquel lugar no que somos felices!!!

 

martes, 24 de abril de 2018

Semana do Libro: Martes, alumnado de 4 anos

Os nenos e nenas seguen a aproveitar os recursos do Espazo Fedelleiro para contar os contos.
O alumnado de 4 anos empregou o retroproxector e os seus debuxos para interpretar Diez patitos de goma


 
10 Patitos de goma from biblio BN on Vimeo.

As familias contan: Mª Luz, avoa de Damían


Abraiad@s deixounos Mª Luz coa lectura de Los nuevos vecinos.
Viaxamos escaleiras arriba e abaixo para comprobar que a realidade non é como a pintan.



Grazas por unha intensa e entusiasta lectura!!!
 

Os libros éncheno todo

Nesta semana os libros que falan de libro ocupan o expositor da entrada e a imaxe do día tamén fala de libros.

 

lunes, 23 de abril de 2018

viernes, 20 de abril de 2018

Día do Libro 2018: Non leas !!!


Facemos noso o texto co que Fran Alonso agasalla as nosas bibliotecas escolares.


Así o fixemos:



Programa Día do Libro 2018





Impresión 3D: Taboleiros para o escornabot

Sacamos do repositorio Thingiverse unhas pezas para montar taboleiros de xadrez, que redimensionamos no Tinkercad para que midan o avance do escornabot:

Imprimímolas e probámolas.




 

As familias contan: Montse, mamá de Daniela e Valeria


Hoxe Montse contounos como se unha etiqueta di No lavar este oso debemos facerlle caso. As consecuencias poden ser impredecibles.

Moitas grazas polo teu sabio consello !!!

Venres de EnCURTAS: Piper

          

jueves, 19 de abril de 2018