lunes, 25 de enero de 2021

"NOCTURNIA 46" POR PABLO MARIÑO

Grazas Pablo por este magnífico agasallo poético que formará parte, nun lugar destacado, da nosa biblioteca, e grazas pola túa dedicatoria.
Unha das próximas "Poesía Express" agarda polas túas verbas.


 

domingo, 24 de enero de 2021

Paz 2021: Pedras no camiño

 Achégase o día da paz e na escola queremos traballalo dun xeito contextualizado en torno ao noso proxecto #camiñanteSihaicamiño.

O Camiño De Santiago representa para moitas personas a procura da Paz interior, da procura do Equilibrio interno a pesar das pedras que nos poidan aparecer no camiño.

Cinco símbolos del Camino de Santiago – Albergues del Camino de Santiago

Deixar unha pedra no camiño supón deixar atrás todo o malo.

Coma metáfora estes días nas aulas, na biblio e no Fedelleiro, estamos a traballar cun concepto artístico que apareceu nos Bits 5, o "Stone Balance"ou Equilibrio con Pedras, un tipo de Land Art, que practican artistas coma Pedro Durán.  


Seguiremos practicando estes días ata o Día da Paz, no que faremos unha instalación conxunta no Espazo Fedelleiro.

lunes, 18 de enero de 2021

Atelier creativo: "Pedras no camiño"

Que pensas que andarán a argallar no Espazo Fedelleiro estes días??
Unha pista... un monumento emblemático relacionado co noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño, que formará parte do noso Atelier deste mes "Pedras no camiño"



Tes xa unha idea??



 

BITS 5

Se non visualizas correctamente este xogo, clica aquí.