Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2026

TRANSMISORAS NO TEMPO especial 8M

 


Esta mañá a BiblioBN foi testemuña dun encontro interxeracional. Avoas e netas/os, compartiron un faladoiro moi interesante sobre a infancia no pasado. Unha entrevista feita polos máis pequenos onde houbo lembranzas, xogos, música e un autentico legado para non esquecer!

Un 8M adicado á mulleres moi significativas no día a día dos nosos nenos/as.

MOITAS GRAZAS AVOAS






PODEDES DESFRUTAR DA CONVERSA NOS SEGUINTES VÍDEOS

lunes, 10 de marzo de 2025

Poesía Express: 8 M “Las niñas o cómo suceden las cosas”

O luns, para conmemorar o 8M, limos un poema de Mar Benegas do conto “Las niñas o cómo suceden las cosas”

 

sábado, 8 de marzo de 2025

Lipdub 8M: “Varre Vasoira”

 ESTE MES DE MARZO ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA CANCIÓN DE “VARRE VASOIRA” DE FILLAS DE CASSANDRA.

A PARTIRES DISTO DECIDIMOS GRAVAR UN LIPDUB POR TODO O COLE REPRESENTANDO A CANCIÓN 



Guía lectura: 8M


 

jueves, 10 de marzo de 2022

Venres de EnCurtas: Soy Mujer

 Adaptación do libro "Soy Mujer" de BaoBab, creado a partir de citas de mulleres que abriron camiño e transformaron a sociedade

EncontXo 8M: "Soy Mujer"


 Este Xoves, no espazo Fedelleiro, desfrutamos do libro "Soy Mujer" da editorial BaoBab, creado a partir de citas de mulleres que abriron camiño e transformaron a sociedade. 
Escoitamos o conto mentres desfrutábamos da música de fondo e imaxes en movemento relacionadas co texto.
Preme aquí para ver a proxección. 


miércoles, 9 de marzo de 2022

Poesía Express 8M: Pioneiras no espazo

Este martes aterrou na BiblioBn nada máis que Valentina... a primeira muller astronauta! 
Para contarnos da súa fazaña e máis doutras mulleres que coma ela fixeron historia na conquista do espazo

A través dunha poesía adaptada (A astronauta Analía), de Carmen Gil, A astronauta Valentina falou do seu paseo sideral, polo espazo exterior, coma a primeira muller en conseguilo.
Ademáis plantexou un reto, investigar outras mulleres relacionadas coa conquista do espazo coma Sally Ride, Ellen Ochoa, Katherine Johnson, Ana Bru, Minia Manteiga...
Seguiremos en contacto!

E se queres ver máis deste Encontro...

miércoles, 11 de marzo de 2020

Poesía-Express: Once Damas atrevidas

Esta semana a poesía express versa sobre mulleres, mulleres atrevidas como as do conto de kalandraka, de Oli e Helle Thomassen.
Unha conta atrás divertida a deste conto rimado, estades preparad@s!...

Despois recordamos que estamos na semana da prensa e aproveitamos para ver diferentes seccións do xornal e máis recordar onde temos o noso recuncho da Hemeroteca.




lunes, 9 de marzo de 2020

Encontros BN: FEMINIST BABY

Este luns celebramos o Día da Muller co visionado do croma realizado polos nen@s e unha actuación estelar, nin máis nin menos que... 
The Pink & Blues Teachers!!! 
que crearon unha incríbel canción para o conto "Feminist Baby"

Como non podía ser doutro xeito firmaron o noso libro de visitas.
Desfrutade desta magnífica actuación!
Grazas, Lara e Lucía, e Felicidades polo marabilloso traballo!!

lunes, 11 de marzo de 2019

Celebrando o 8M na BiblioBn

Hoxe celebramos o día da Muller na BiblioBn visionando o video realizado polos nen@s, a semana pasada, das nosas mulleres traballadoras.
Depois tivemos un Encontxo 
"La vida secreta de las mamás"
Para este encontxo tivemos a visita dunha detective que nos descubriu unha morea de cousas das que fan as nosas mamás traballadoras.

Por último, aproveitando que comeza a semana da prensa, e tiñamos prensa que falaba do 8M, inauguramos o novo recuncho da BiblioBN, a HEMEROTECA.
Este recuncho contará cun espazo para noticias destacadas

Nel iremos colocando os xornais que a diario chegan a escola, e xa estamos a utilizar nas aulas no traballo diario.
Por último botamos unha ollada aos xornais destes días, e descubrimos, que o do día 8, trae moita de información do Día da Muller Traballadora, polo que o aproveitaremos para seguir traballando estes días.