Mostrando entradas con la etiqueta Ciberencontro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciberencontro. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Este venres celebramos o Día do Libro cun EncontXo moi especial, un EncontXo dende o novo recuncho de lectura do noso patio, o "Recuncho de Contar"
A aula laranxa foi a encargada de facernos unha videochamada dende alí e lernos o conto "No tengas miedo Cangrejita", de Nube Ocho.
Cada semana unha clase recomendará un conto para este recuncho, que poderemos ver en días alternos debido as corentenas precisas.






 

jueves, 18 de febrero de 2021

Encontros BN na rede: Clara Cerviño, Ilustradora científica

Grazas a Clara por compartir con nós a labor dunha ilustradora científica e a súa importancia.
Os seus consellos servirán para iniciar un Taller de Ilustración nas aulas ao redor do Camiño.



 

jueves, 3 de diciembre de 2020

Encontros BN na rede: Día da diversidade

No día de hoxe cobra moito sentido a mensaxe do conto que levamos a traballar toda a semana.

Non todos somos iguais


Pero iso é o divertido

E por iso, hoxe falamos con Lúa, falamos da artrogriposis e falamos das súas moitas capacidades.
 
Unha charla con moitos valores de fondo onde damos visibilidade á súa diversidade.

Grazas familia!




lunes, 23 de noviembre de 2020

Encontros na rede: Día da música "Entrevista a Luar na Lubre"

 Na sección bibliográfica do noso proxecto anual, #camiñanteSIhaicamiño, contamos co CD "Vieiros e Vieiras", de Luar na Lubre, o cal está adicado a historias de peregrinos. 

Os nenos e nenas están a traballar con el nas sesións de música e xurdiron algunhas dúbidas que trasladamos ó Grupo "Luar na Lubre" en formato de Videoentrevista. 

E velaiquí a resposta!!

Moitas grazas a todo o grupo pola súa colaboración para levar a cabo este traballo, e as familias que fixeron posible a comunicación cos mesmos.

Esperamos poder telos no noso cole nalgún momento de xeito presencial.

 

lunes, 5 de octubre de 2020

Encontros BN na rede: Reto 1


Este luns retomamos os Encontros na BiblioBn, pero coma non podemos xuntarnos todos decidimos facelos a través da rede.
O encargado de inauguralos foi o encontro de motivación do noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.
Dúas peregrinas moi especiais, Katrina e Lara, lanzaban un reto dende a Biblio, descubrir cal é o primeiro camiño que vamos a coñecer. Para isto deixaron unha pista relacionada coa Torre de Hércules, xa que aquí  parte este camiño.
Sabedes que camiño é?
Tedes un resumo do que aconteceu neste video:

 
Nesta chamada as dúas peregrinas móstrannos unha fermosa canción, de creación propia, e que podedes escoitar a continuación

E ti? Resolverás o reto? Vémonos nuns días!!

lunes, 17 de junio de 2013

Ciberencontro con Quintela-Moaña

Hoxe a bibliBN acolleu o 1º Ciberencontro (1º de moitos máis) co alumnado de 2º de E.P. do C.E.I.P. Quintela de Moaña. Os nenos e nenas da aula de 5 estiveron a manter correo dixital con eles e os convidaron a participar neste Encontro para que nos contaran o que aprenderon no seu proxecto da prehistoria.
Arteixo-Moaña
Compartindo coñecementos no ciberespazo