jueves, 21 de marzo de 2024

Día das árbores e da poesía

 Hoxe celebramos o Día das árbores e a poesía Cunha xornada de investigación no Monticaño

Comezamos cunha asamblea cantada para despois, por clases, ir de ruta en busca de tesouros, árbores, prantas… que despois seguiremos a investigar nas aulas

Paramos para merendar e xogar e rematamos a xornada cunha poesía adicada a primaveira, que deu comezo onte


Durante o percorrido recoñecimos Piñeiros, Carballos, Abetos, Plátano de sombra, Camelias...









Atelier de electroloxía: electricidade con plastilina

Neste atelier fedellamos coa electricidade dunha maneira sinxela, segura e atractiva.

Construimos circuitos empregando pilas de 9V, cables, leds, zumbadores e plastilina conductiva. Manipulando estos materiais achegámonos aos principios básicos da electricidade e electrónica.









domingo, 10 de marzo de 2024

8M: Perigo! Femias


As femias na natureza! 
Este 8M investigamos diferentes especies nas que as femias son as lideresas, matriarcas, encargadas da manada. 
As femias coma protagonistas!




Lémur, elefantas, leonas, abellas, son algunhas das especies nas que a femia é a protagonista.
Despois deste EncontXo estampamos os seus nomes en lazos morados, que pasarán a formar parte dunha instalación no patio, que nos recorde a súa importancia na natureza.


Por último, nas clases, eleximos a nosa lideresa e representamos na libreta