Mostrando entradas con la etiqueta Dia da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia da Paz. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2025

EncontXos BN “Día da paz e Non Violencia”: O Pau da palabra

Hoxe a biblio bn convertiuse en PURO TEATRO!
As profes representaron o conto “Con mis palabras” de Cristina Tébar.
Dúas nenas teñen un conflicto que non son quen de resolver, ata que ao final un pau é a solución.


 
E velaiquí o pau da palabra!
Cada un decorou o seu pau da palabra para levar a casa e poder utilizar cando xurda un conflicto.


miércoles, 1 de marzo de 2023

lunes, 30 de enero de 2023

EncontXos BN: Festexando o Día da Paz

 Para festexar este día, escoitamos o conto do Dinosaurio Belisario de Pepe Cácamo


Despois cantamos e celebramos coa canción “Un bico porque sí” da Banda dos Cueiros


Por último visionamos o vídeo #pegadasdepaz

jueves, 26 de enero de 2023

#PEGADASDEPAZ: Cultura, tradición, diversidade.





 Hoxe visitounos Desiree, nai de Sofía E.

Aproximounos a súa lingua materna, o Alemán, a través do conto "El pez arcoiris". 

Un conto que fala da importacia de compartir. 

Asi comezou:


#pegadaspolapaz: Desiree. from biblio BN on Vimeo.



Ademáis ensinounos un baile tradicional de Bavaria: SCHUHPLATTLER.



MOITAS GRAZAS POLA TÚA PARTICIPACIÓN.







miércoles, 25 de enero de 2023

#pegadasdepaz: Cultura, tradición e diversidade


Este mes invitamos ás familias a compartir a súa pegada de paz a través da súa cultura, tradicións e recordos que nos acheguen momentos de paz, a través de contos cantigas, xogos... que fortalecen a unión de pobos e culturas e conforman a súa identidade e as súas pegadas.
Hoxe Luisa, a avoa de Sara, representou, con actrices e actores de excepción, o conto dos 3 porquiños.
Maravillosa!!
Despois cantamos cancións tradicionais de roda.
Pasámolo xenial compartindo e aprendendo.




Grazas Luisa polo teu tempo e o ben que sabes contar un conto.


viernes, 28 de enero de 2022

Venres de encurtas: esPAZial

 


Audiovisual realizado coa técnica CROMA.
Son real do Espacio extraído do vídeo "La TIERRA grabada desde el ESPACIO (GoPro)", aloxado no apartado de recursos da biblioBN.

miércoles, 27 de enero de 2021

domingo, 24 de enero de 2021

Paz 2021: Pedras no camiño

 Achégase o día da paz e na escola queremos traballalo dun xeito contextualizado en torno ao noso proxecto #camiñanteSihaicamiño.

O Camiño De Santiago representa para moitas personas a procura da Paz interior, da procura do Equilibrio interno a pesar das pedras que nos poidan aparecer no camiño.

Cinco símbolos del Camino de Santiago – Albergues del Camino de Santiago

Deixar unha pedra no camiño supón deixar atrás todo o malo.

Coma metáfora estes días nas aulas, na biblio e no Fedelleiro, estamos a traballar cun concepto artístico que apareceu nos Bits 5, o "Stone Balance"ou Equilibrio con Pedras, un tipo de Land Art, que practican artistas coma Pedro Durán.  


Seguiremos practicando estes días ata o Día da Paz, no que faremos unha instalación conxunta no Espazo Fedelleiro.

lunes, 18 de enero de 2021

Atelier creativo: "Pedras no camiño"

Que pensas que andarán a argallar no Espazo Fedelleiro estes días??
Unha pista... un monumento emblemático relacionado co noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño, que formará parte do noso Atelier deste mes "Pedras no camiño"



Tes xa unha idea??



 

jueves, 30 de enero de 2020

EncontXos BN: Día da Paz e da Ilustración


HOXE A PROFE LARA ILUSTROU O DÍA DA PAZ CO CONTO PORQUE? DE KALANDRAKA.
LEMOS AS ILUSTRACIÓNS E PENSAMOS QUE COUSAS PODERIAMOS FACER PARA NON CHEGAR A UNHA GUERRA.
REMATAMOS FALANDO DAS MALAS NOTICIAS DIARIAS DOS XORNAIS, NOTICIAS QUE NON NOS GUSTAN POLO QUE DECIDIMOS ROMPER CON ELAS E FACER UN BARCO, COMA O VELEIRO VERDE, E POÑER NEL UNHA PALABRA DE PAZ.

FINALMENTE FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN DE PAZ CON TÓDOLOS VELEIROS QUE PODEREDES VER NA ENCURTA DE MAÑÁ.



miércoles, 30 de enero de 2019

EncontXo Día da Paz

Comezamos este importante día coa lectura de "A meniña furacán e o meniño esponxa" da ED. Algar que nos ensina que a pesares de ser distintos/as dialogando podemos ser amigo/as, mostrándonos que as diferenzas entre as persoas non nos afastan, senón que nos enriquecen.



Despois da lectura saímos ao patio a descubrir un novo recuncho para xestionar os nosos conflictos, O Recuncho do Diálogo.


Explicamos o seu funcionamento e normas e o poñemos en práctica.





Que importante é aprender a dialogar para conseguir e manter a PAZ, nós pequeniños/as como somos xa o sabemos.

martes, 30 de enero de 2018

Impresión 3D: Agasallo Panadeiro

Este foi o agasallo que recibiu Juan por facernos pan neste Día da Paz.
No repositorio Thingiverse  atopamos unha rebanada de pan tan feliz coma nós. Engadímoslle unha etiqueta co lema do noso Día da Paz.