viernes, 21 de junio de 2019

EncontXo con María José

Unha visita moi esperada!!!
Hoxe recibimos a María José que traía consigo o agasallo dun EncontXo e 3 libros novos para a biblioBN.



Moitas grazas!!!
Esperamos que volvas a esta túa Biblio!

GUÍA DE VERÁN



miércoles, 19 de junio de 2019

EXPO #somosdemonte




Como remate de curso invitamos ás familias á Exposición #somosdemonte para mostrarlles todo o que aprendemos con este Proxecto.






Pechamos o curso no Taller Internivel

O curso está a piques de rematar, e no Taller Internivel do Espazo Fedelleiro despedímolo facendo o que máis nos gusta: crear, construír, imaxinar, fedellar...

Desta volta utilizamos distintas pezas ubicadas no noso espazo creativo para facer en pequenos grupos representacións dos montes sobre os que investigamos ao longo do curso: Monte Pindo, Pena Trevinca, Monte Neme, Monte de Santa Tegra, Monte Xalo, O Courel, Serra do Xurés, Os Ancares e o Monte Aloia.


 

domingo, 16 de junio de 2019

#familiasporunTuber: Daniela, Valeria e a súa nai

E con Valeria e Daniela rematamos o ciclo de #familiasporunTuber, esperamos seguir o curso que ven.
Grazas a Tod@s!!

jueves, 13 de junio de 2019

#familiasporunTuber: Sofía e a súa nai

Seguen as recomendacións en familia na biblioBN.
Grazas pola vosa colaboración!

martes, 11 de junio de 2019

Martes Poesía-Express: La casa de la Mosca Fosca

Este martes a poesía express correu a cargo da profe Lucía, quen nos contou "La casa de la Mosca Fosca".



Rematamos cunha merendola compartida, a base do biscoito de amoras do que se falaba no conto.
Mmmmm.... Delicioso!!



martes, 4 de junio de 2019

Encontros BN: Anxo Moure

Hoxe visitounos Anxo Moure, escritor, contacontos e defensor do medio ambiente, para celebrar este día cunha chea de contos que defenden os nosos bosques e o seu coidado.
Pasámolo en grande!!
E de remate...un agasallo, o seu libro "O paraugas dame aguas" de Urco Editora.
Moitas Grazas Anxo!!!






Martes Poesía-Express: Chambra de Choiva

Este martes un poema de Antonio García Teijeiro levou a maxia da natureza á BiblioBN.




 Extraído de @LeiaPoesiaGz.

Nas aulas realizamos producións artísticas empregando os fentos dos que nos falaba o poema e outros elementos naturais como as piñas.


As familias contan: Nai de Erik

Hoxe a mamá de Erik visitou a BiblioBn para ler un conto cheo de emocións, "O monstro de cores" de Anna Llenas, da editorial Flamboyant. 
Unha lectura que sempre é un éxito.
Grazas!


II XORNADAS ROBÓTICA ARTEIXÁN: MAKERS PdB

Hoxe visitamos o CEIP Ponte dos Brozos para convertirnos en Makers PdB!


Cada grupo conta cun plano que nos indica onde temos que ir en cada momento, así que... adiante!!!
Tiñamos que rotar por 4 talleres:
1. Biblioteca: "plastilina conductora"

2. Leite e colorante

3. Auga e lápices

4. Líquido ou sólido? e Arco da Vella

Unha chea de experimentos!!
Pasámolo xenial!
Xa somos Makers PdB!!
Grazas!!

domingo, 2 de junio de 2019

II XORNADAS ROBÓTICA ARTEIXÁN

Esta semana recibimos os nen@s do CEIP "Ponte dos Brozos" para compartir experiencias das nosas bibliotecas.
Preparamos 6 espazos con diferentes propostas, polas que poderían rotar en pequenos grupos. 
Ao chegar organizamos 6 equipos, cada un levou o mapa do seu percorrido, de xeito que todos pasasen polos 6 espazos.

En cada espazo esperaba unha proposta cun grupo de nen@s da nosa escola que farían de anfitrións.
1. Aula de psico: Xogos de Luz

2. Espazo Fedelleiro: Luz Negra


3. Aula Laranxa: Robótica e minimundos



4. Aula Azul: Electrónica, robots e minimundos


5. Aula Rosa: Doodle 3D e minimundos 3D


6. BiblioBn: Taller de Chapuzas

Moitas grazas pola vosa visita!!!
Encantad@s de compartir experiencias coas nosas bibliotecas!