Mostrando entradas con la etiqueta Creación Internivel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creación Internivel. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2022

Volta o Taller Internivel ao Espazo Fedelleiro

 Despois de dous cursos sen poder mesturar grupos, por fin volta a Creación Internivel ao Espazo Fedelleiro



domingo, 9 de febrero de 2020

Taller internivel: Land Art

O land Art ou arte da terra, é unha corrente artística que une a paisaxe e a natureza. Dos materiais que nos rodean: pedras, area, madeira,... nacen estas obras efémeras, expostas ao vento, o sol, a auga...
Despois de coñecer as obras de artistas como Joanna Hedrick, Richard Long, Motoi Yamamoto, Denisse Openheim ou Lévy Gorky... esta semana na creación internivel presentamos esta proposta onde pode xogar, experimentar, vivir,... e a creatividade virá a sorprendernos.





jueves, 14 de noviembre de 2019

Para o Medio Ambiente...Vida!

No Taller Internivel creamos a nosa aportación artística empregando materiais de refugallo e a impresora de corte para un Libro-obxecto Colectivo. Neste curso andará de xira por distintas escolas, reivindicando un desenvolvemento sostible para darlle moita VIDA ao medio ambiente.






lunes, 11 de noviembre de 2019

Libro-obxecto Colectivo

Hoxe na biblioBN presentamos a expo do libro-obxecto colectivo e viaxeiro a prol do medio ambiente que foi elaborado polo profesorado asistente á Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía” nun taller a cargo do ilustrador Pablo Otero.





No Taller Internivel realizaremos un máis para incluilo e despois mandalo á seguinte escola.

viernes, 18 de octubre de 2019

TALLER INTERNIVEL: SIMETRÍA

Durante esta semana no Espazo Fedelleiro estivemos a xogar con diferentes materiais, espellos e co retroproxector.



lunes, 14 de octubre de 2019

Taller Internivel: arquitectura e reciclaxe

Este curso estamos a traballar no proxecto #mesturArte e a semana pasada no Taller Internivel aproveitamos a ambientación do corredor para facer un pequeno faladoiro sobre unha foto que se atopaba nel.

Observamos a imaxe e falamos sobre o uso dos materiais que saían nela.
Despois creamos libremente con materiais do noso Espazo Fedelleiro. 

 

jueves, 3 de octubre de 2019

Volve o Taller Internivel ao Espazo Fedelleiro.

Chegou outubro e con él o Taller Internivel ao Espazo Fedelleiro.

Durante esta semana as nenas e nenos de 4 e 5 anos presentáronlle o taller aos nenos de 3. Despois desfrutamos cunha instalación artística composta por papel de xornal.





Foi moi divertido, e un boísimo comezo para os nenos e nenas de 3 aniños.

miércoles, 19 de junio de 2019

Pechamos o curso no Taller Internivel

O curso está a piques de rematar, e no Taller Internivel do Espazo Fedelleiro despedímolo facendo o que máis nos gusta: crear, construír, imaxinar, fedellar...

Desta volta utilizamos distintas pezas ubicadas no noso espazo creativo para facer en pequenos grupos representacións dos montes sobre os que investigamos ao longo do curso: Monte Pindo, Pena Trevinca, Monte Neme, Monte de Santa Tegra, Monte Xalo, O Courel, Serra do Xurés, Os Ancares e o Monte Aloia.


 

viernes, 15 de febrero de 2019

Creación Internivel

Durante estas dúas últimas semanas no noso taller internivel seguimos coa montaxe de material novo do Espazo Fedelleiro.


Desta volta tocounos acabar de preparar un tear. Para iso continuamos traballando a tipoloxía de texto instructivo mediante as instrucións do tear e as súas imaxes.



Despois comezamos a usar o noso novo tear, aproveitando tamén os lazos e bobinas de madeira para practicar a nosa motricidade enroscando e manipulando textís.



Por último,o martes pasado aproveitando que o luns celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia coa visita da UDC Ciencia e que nos deixaron unha neveira portátil con xeo seco; fixemos unha construción ao redor da neveira para despois pasar a botarlle auga ao xeo e observar como interviña o vapor na nosa construción. 



viernes, 1 de febrero de 2019

Montaxe e experimentación Internivel

Esta semana no taller internivel montamos unha mesa para experimentar e despois desfrutamos dela con distintos materiais que temos no Espazo Fedelleiro e as lupas.

O alumnado que colaborou na montaxe traballou o tipo de texto instructivo interpretando os pasos a seguir que indicaban as instrucións.








Despois cada grupo escolleu materias para observar coas lupas na nosa nova mesa e gozamos experimentando.




viernes, 25 de enero de 2019

Creación internivel

Esta semana no taller internivel aproveitamos o EncontXo forestal no que atopamos unha instalación con elementos e recursos que obtemos dos nosos bosques e montes, para iniciar unha construción dun Minimundo de bosques.

Así, o primeiro foi reflexionar sobre os materiais que temos dentro do Espazo Fedelleiro que poden vir dos bosques e os seus recursos, e facer unha selección dos mesmos.

Despois, os nenos e nenas que pasaron polo taller foron creando libremente sobre as mesas, facendo o noso Minimundo colectivo.