jueves, 30 de enero de 2020

EncontXos BN: Día da Paz e da Ilustración


HOXE A PROFE LARA ILUSTROU O DÍA DA PAZ CO CONTO PORQUE? DE KALANDRAKA.
LEMOS AS ILUSTRACIÓNS E PENSAMOS QUE COUSAS PODERIAMOS FACER PARA NON CHEGAR A UNHA GUERRA.
REMATAMOS FALANDO DAS MALAS NOTICIAS DIARIAS DOS XORNAIS, NOTICIAS QUE NON NOS GUSTAN POLO QUE DECIDIMOS ROMPER CON ELAS E FACER UN BARCO, COMA O VELEIRO VERDE, E POÑER NEL UNHA PALABRA DE PAZ.

FINALMENTE FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN DE PAZ CON TÓDOLOS VELEIROS QUE PODEREDES VER NA ENCURTA DE MAÑÁ.



viernes, 24 de enero de 2020

#mesturarte: Exipto en stopmotion

Seguindo co proxecto anual @s nen@s de 5 anos elaboraron unha fantástica maqueta de Exipto coa que despois no taller tic elaboraron este stopmotion.
Para ver máis información pincha aquí

jueves, 23 de enero de 2020

XOGANDO A CONSTRUIR: LUPO

Esta semana tivemos a inmensa sorte de contar na nosa escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.


Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.
Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio.O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capacidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.

miércoles, 22 de enero de 2020

miércoles, 15 de enero de 2020

Poesía-Express: Dona Carme

Esta semana a poesía express chegou en forma de conto rimado, o conto de Dona Carme.
"O can ladraba, o gato miañaba...pero Dona Carme non se decataba"
Un fabuloso conto de Manuel Bragado e ilustrado por Pepe Carreiro.