Mostrando entradas con la etiqueta Deseño 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deseño 3D. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de junio de 2025

Agasallo 3D Despedida

 Para despedir ao alumnado de sexto de infantil estamos a preparar as litofanías das súas fotos nunca aplicación on-line






martes, 10 de junio de 2025

Minimundos 3D: Animais mariños

  Os nenos e nenas de 4º de E.I. realizaron as súas propias creacións de animais mariños na App Doodle 3D e, posteriormente, estes foron impresos na impresora 3D do espazo fedelleiro.

Con eles crearemos minimundos do mundo mariño. 



viernes, 30 de mayo de 2025

Agasallo 3D: Despedimos ao noso Auxiliar de Conversa

 Despedimos a Matt con este chaveiro 3D realizado por un alumno da aula de sexto de infantil coa app Doodle 3D



jueves, 3 de abril de 2025

Impresión 3D: Deseñando o noso logo

 ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL

ALUMN@S DA USC ACUDIRON A NOSA ESCOLA PARA VER O NOSO TRABALLO

EN AGRADECEMENTO DECIDIMOS CREAR UN NOVO AGASALLO

DESEÑAMOS, VOTAMOS E IMPRIMIMOS



viernes, 21 de junio de 2024

Agasallo 3D: Litofanías do alumnado da aula laranxa

 As nenas e nenos da aula Laranxa rematan no noso cole e como agasallo estamos a preparar estas Litografías coas súas fotos








viernes, 3 de mayo de 2024

Minimundos bechos

Deseñamos, imprimimos na 3D e finalmente decoramos cos rotus Posca.
Así de chulo quedou o noso novo minimundo para a aula e o noso proxecto de bechos.

 

martes, 13 de junio de 2023

Taller Tic curso 22-23: Agasallos 3d

Tal e coma recolle o currículum de Educación Infantil, nesta etapa, iniciase o proceso de alfabetización dixital que supón, entre outros, o acceso a información, a comunicación e a creación de contidos a través de medios dixitais, así coma o uso saudable e responsable das ferramentas dixitais. Ademáis, o uso e a integración destas ferramentas nas actividades, experiencias e materiais da aula poden contribuir a aumentar a motivación, a comprensión e o progreso na adquisición de aprendizaxes das nenas e dos nenos.
Tendo isto en conta, e apoiando dende o Taller Tic o aprendizaxe da lectoescritura, dun xeito significativo e motivador, estivemos a realizar as nosas letras con diferentes programas para imprimilas despois na nosa impresora 3D.
Este é o resultado en cada aula

Aula de 3 anos: ESCRIBIMOS A NOSA INICIAL


Aula de 4 anos: ESCRIBIMOS O NOSO NOME EN MAIÚSCULA

Aula de 5 anos: ESCRIBIMOS O NOSO NOME EN MINÚSCULA


 E así é o proceso...










domingo, 28 de mayo de 2023

Colaboración intercentros: deseño e impresión 3D “Torre de Hércules”

Desseñamos e imprimimos torres de hércules en forma de moldes para pasta de modelar coa que farán os agasallos de fin de curso

 

miércoles, 1 de febrero de 2023

Achegamento a lectoescritura en 3D

Moldes para xogar coa nosa inicial na plastilina 

 Stencil para aprender a facer o noso nome




 Letras móviles para achegarse ás minúsculas enlazadas





lunes, 30 de enero de 2023

Tardes de Biblio en Familia: Día da Paz

Celebraremos o día da Paz cun conto e unha sorpresa que diseñaredes en familia e imprimiremos en 3D


Despois de escoitar o conto visionamos o video #pegadasDePaz que fixemos en familia
Po último aprendimos a utilizar a App Doodle 3D (coa axuda de Martina, exalumna do cole) e deseñamos agasallos de Paz:
Corazóns, flores, símbolos de Paz...

E que imprimimos na 3d

Grazas familias!


 

 

viernes, 30 de septiembre de 2022

Fichas 3D para taboleiros de xogo

Na aula azul precisaban fichas para xogar á Oca polo que decidiron deseñalas no doodle 3D para despois imprimilas. Velaiquí o resultado!

 

lunes, 20 de junio de 2022

domingo, 19 de junio de 2022

Agasallo 3D: Pulseiras de Saturno

 Nestes días estivemos a preparar o noso agasallo 3D para pechar o noso proxecto #barrionautasEastronovos, e velaiquí as nosas pulseiras de saturno, deseñadas polo noso alumnado.




lunes, 30 de mayo de 2022

Colaboración 3d intercentros: Biblio-Teca "CEIP San Pedro de Visma"

A semana pasada tivemos un encargo moi especial, @s nen@s do Ceip San Pedro de Visma precisan os aros olímpicos para elaborar unhas pulseiras, que serán o agasallo final do seu PDI, e coma non teñen impresora 3d seremos os encargados de imprimilas.
E coma precisan 350... puxémonos mans á obra!