Mostrando entradas con la etiqueta Robot. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Robot. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2025

Xogando e aprendendo con Robots

Nos ambientes estamos a coñecer e aprender a manexar os novos Robots do centro, aportados polo Programa Polos Creativos.


MATATALAB





VINCIBOT






INTELINO


miércoles, 16 de febrero de 2022

COMEZA A OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

 Hoxe comeza a Okupación escornabótica!
 Esta mochila viaxará de casa en casa de Mércores a Luns.


Nela levades o noso robot máis especial, o escornabot, co que poderedes xogar nas plantillas adxuntas e escribir as vosas impresións na libreta.
Así funciona:


Tamén levades un novo robot "Sigueliñas" que funciona así:


Por último contades con contos e libros informativos para seguir aprendendo ao redor do espazo.
Sacade fotos xogando na casa e escribide as vosas impresións na libreta.
E agora... a xogar!!
Importante! Utilizar sempre baixo a supervisión dun adulto
(Tendes tódalas instrucións na mochila, calquera dúbida falar coas mestras)


domingo, 13 de febrero de 2022

Xogando co escornabot: Letras e números

Outro xeito de traballar os números é coa axuda do noso robot máis especial, o escornabot

Aquí tedes o mellor exemplo!

 


martes, 12 de octubre de 2021

Órbitas e Ozobot

Investigando o sistema solar, e o seu funcionamento, botamos man do "ozobot" para comprender mellor cómo orbitan os planetas ao redor do Sol

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Obradoiro de Vermislab

Hoxe levouse a cabo o Obradoiro de Biblioteca Creativa que tiñamos pendente do curso pasado e que non se fixera debido a suspensión das clases presenciais.

Foi a cargo de Vermislab que co robot educativo Ozobot nos mostraron a importancia de Reciclar, Reducir e Reutilizar. 

Mediante xogos e creación de circuitos para o robot traballamos ademáis o razoamento, a robótica e programación mediante códigos de cores.







jueves, 6 de febrero de 2020

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

jueves, 26 de septiembre de 2019

CLASE DE EXPERTOS NO ESPAZO FEDELLEIRO

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS FORON OS ENCARGADOS DE INICIAR OS DE 3 ANOS NO USO DOS ROBOTS QUE TEMOS NO ESPAZO FEDELLEIRO.
MOITAS GRAZAS POLA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN!!

miércoles, 3 de octubre de 2018

NOVO PROXECTO... NOVOS RETOS ESCORNABÓTICOS

Esta semana, no taller de TIC, estiveron a xogar cunha nova plantilla para o escornabot "Cos pés na terra". Plantilla baseada na canción de Paco Nogueira, coa que inauguramos este curso o proxecto, e elaborada pola profe Lara.

Nesta plantilla o escornabot debe descubrir as árbores e os seus froitos e ter coidado non caer nas casillas do porco bravo.

jueves, 9 de marzo de 2017

viernes, 3 de febrero de 2017

Xornada Robótica no IES de Pastoriza

Hoxe visitamos o IES Pastoriza onde profesorado e alumnado de 3º e 4º amosáronnos o seu traballo coa robótica.




Moitas grazas!!!

viernes, 20 de enero de 2017

domingo, 13 de noviembre de 2016

Galería Robótica: Información con códigos QR

A medida que o proxecto vai avanzando, a Galería Robótica que ocupa as escaleiras vaise completando coa información que obtemos dos Encontros na biblioteca.


Con esta información completamos as cartelas das imaxes traballadas:


E no taller TIC xeramos os códigos QR personalizados que enlazan cos Encontros da biblioteca:





E con eles completamos a información da Galería: