viernes, 22 de noviembre de 2019

DÍA DA MÚSICA

Hoxe celebramos o día da música na nosa BiblioBN.

A nosa profe con máis ritmo, Lara, tíñanos preparada unha encurta especial para a ocasión.

Despois de vela, desvelounos unha gran sorpresa: entre todos e todas compoñeremos unha canción sobre o que vaiamos aprendendo no proxecto #MesturArte.



Os nenos e nenas da aula laranxa xa estiveran pensando as súas estrofas así que puidemos cantar un anaquiño.

Por último, cantamos e bailamos outras cancións que nos gustan.

Para mostra un botón!
De broche final e como agasallo neste día tan musical levamos unha púa coa Clave de Fa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario