miércoles, 22 de noviembre de 2017

Día da Música coa app Tiny Tap

Hoxe, Día da Música, o alumnado de 4 anos un xogo educativo sobre instrumentos tradicionais galegos. Xunto con Aida, crearon o xogo na app Tiny Tap para coñecer mellor a nosa música.
Sacaron as fotos e gravaron os sons dos instrumentos que eles mesmos tocaron.
Xa temos o xogo nos ipads de todas as aulas para aprender co seu traballo.




Despois Artai anticipounos a visita da súa mamá cunha selección destes instrumentos e Pablo presentounos unha canción de Pablo Díaz que dará moito que falar:


No hay comentarios:

Publicar un comentario