martes, 26 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: "Chove en Santiago"

Este martes para gozar da Poesía Express baixamos ao Espazo Fedelleiro, onde nos estaba a esperar unha instalación con pinguiñas de auga feitas na nosa impresora 3D e o retroproxector cunha sorpresa que preparou Alba.

As pinguiñas fóronas deseñando todo o alumnado coa axuda da aplicación  Doodle3D durante o Taller Internivel.


No retroproxector agardaba o título do poema de Federico García Lorca "Chove en Santiago" e mentres soaba de fondo o poema cantado por Luar Na Lubre observamos o que ocorría.


Despois xogamos coas pinguiñas da instalación para rematar a Poesía Express.


No hay comentarios:

Publicar un comentario