Hoxe visitou a BiblioBn a mamá de Artai, que xunto con él, viñeron a falarnos do Teixo de Pontedeume, unha árbore senlleira de Galicia na que a mamá de Artai e o seu irmá xogaban de pequenos.
Contáronnos como era, e como está, na actualidade, ademáis das súas características e experiencias vividas ao redor da mesma.
Coma sempre aprendimos moitísimo das nosas familias que veñen a aportar información ao noso proxecto creando unha verdadeira comunidade de aprendizaxe.
Coma sempre...GRAZAS!!!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DOS ENCONTROS DA BIBLIOBN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario