Os nenos e nenas da aula laranxa levamos todo o terceiro trimestre falando e reflexionando sobre a importancia da concienciación medioambiental e consideramos que o mellor xeito de plasmar todo o aprendido era facendo unha acción medioambiental que impactara na vida do noso barrio.
Despois de pensar naquelas cousas que poderiamos mellorar nas nosas rúas, dispuxémonos a facer os carteis empregando o papel dos xornais que levamos lendo ao longo de todo o curso.
E hoxe fixemos a pegada destes carteis elixindo entre tod@s os sitios máis significativos onde colocalos.
"Poñer unha pedra nas papeleiras para que non saian voando as bolsas e o lixo"
"Non tires aquí o lixo, bótao na papeleira"
"Recolle as cacas do teu can"
"Pon cada cousa no seu contedor"
"Usa as papeleiras", "Non tires chicles ao chan", "Usa menos auga e luz"
Agora ás familias quédavos a misión de atopar estes 7 carteis coa axuda dos vosos peques e seguir as nosas recomendacións para coidar o barrio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario