viernes, 24 de marzo de 2023

Versos no bosque: Día dos bosques e a poesía

 Para conmemorar o Día mundial da poesía e dos bosques realizamos un precioso percorrido polo paseo fluvial de Arteixo no que descubrimos diferentes especies de Flora e Fauna.
Nas diferentes paradas aproveitamos para recitar poemas relacionados coa natureza extraídos de diferentes poemarios da nosa biblioteca, entre eles “Versos no bosque”, “Os soños na gaiola”...
Tamén reflexionamos sobre a necesidade de cuidalo e protexelo.
Esta saída foi ofertada polo Concello dentro do programa Educatízate.


No hay comentarios:

Publicar un comentario