miércoles, 24 de marzo de 2021

Encontros BN na rede: Experiencias dunha peregrina



Unha entrevista moi significativa na que os nenos e nenas demostraron o aprendido durante este trimestre sobre o CAMIÑO FRANCÉS e onde puideron solventar algunha que outra dúbida.

PAULA, familar de Andrea, realizou o Camiño Francés tres veces comezando sempre en Pedrafita. Algunhas das preguntas e respostas máis interesantes:

-Gustouche facelo?: Si, moito, e quero volvelo a facer unha cuarta vez.

- Había moita xente?: Si, o camiño de Santiago faino moita xente de outros lugares, e coñeces a un montón de xente. Eu coñecín persoas do País Vasco, Andalucía, Cuba...

- Como fixeches o Camiño?: As tres veces o fixen andando.

-Probaches algunha comida típica?: Nos restaurantes sempre había o " Menú do peregrín", que normalmente tiña Caldo Galego de primeiro prato, e tarta de Santiago de postre.

- Cansabaste? Camiñabas moito?: Un pouco si que cansas. Hai que madrugar moito. Levantábame as 6 da mañá e camiñamos ata a hora de xantar. Máis ou menos 20 km cada día. Pola tarde descansabamos e paseabamos polas vilas.

-Cal foi o sitio que máis che gustou?: O sitio máis bonito foi RIBADISO, onde no albergue había cuadras de cabalo, e durmín mirando as estrelas metida no saco. 

-Viches fitos?: Si, todo o camiño está cheo de sinais que indican por onde seguir, coa frecha amarela.

- Subiches moitas escaleiras?: Si nalgún sitio hai que subir escaleiras,
-Sería na escalinata de Portomarín? Pode ser , si tes razón. 

-Viches as Pallozas no Cebreiro: Si, ademáis alí moitas das antigas pallozas agora son tendas.

-Había moitas costas? Si, moitas. Pero o peor non é subilas. É baixalas. Eu manqueime nos xeonllos nas baixadas.

-Que cousas levabas na mochila?: Uns tenis, o saco, roupa...e o finalizar cada etapa limpábamos os pés con alcol de Romero.

- Como te sentiches ao ver a Catedral?:  Moi emocionada. Pero o momento máis bonito para os peregríns é cando se chega ao Monte do Gozo. Alí todo o sufrimento do Camiño, ten a súa recompensa.


Ademáis amosounos unha chea das súas fotos...






No hay comentarios:

Publicar un comentario