domingo, 24 de enero de 2021

Paz 2021: Pedras no camiño

 Achégase o día da paz e na escola queremos traballalo dun xeito contextualizado en torno ao noso proxecto #camiñanteSihaicamiño.

O Camiño De Santiago representa para moitas personas a procura da Paz interior, da procura do Equilibrio interno a pesar das pedras que nos poidan aparecer no camiño.

Cinco símbolos del Camino de Santiago – Albergues del Camino de Santiago

Deixar unha pedra no camiño supón deixar atrás todo o malo.

Coma metáfora estes días nas aulas, na biblio e no Fedelleiro, estamos a traballar cun concepto artístico que apareceu nos Bits 5, o "Stone Balance"ou Equilibrio con Pedras, un tipo de Land Art, que practican artistas coma Pedro Durán.  


Seguiremos practicando estes días ata o Día da Paz, no que faremos unha instalación conxunta no Espazo Fedelleiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario