martes, 10 de marzo de 2020

Reducción de plásticos e arte

O símbolo da reciclaxe representa un proceso sinxelo, cada frecha é un paso: 

- recollida dos residuos,
- tratamento,
- compra de produtos reciclados,

de maneira que podamos repetir este proceso unha e outra vez.

Da mesma forma Romuald Hazoumé, critica a situación do seu país (República de Benín) coma unha serpe que se morde a cola, xa que traballa co lixo que envían doutros países e el devolve ás galerías de arte coa cultura africana dentro delas.



Este artista africano expón fotografías, esculturas, vestimentas, instalacións e máscaras nas que reflicte a vida real Beninesa.

Coa nosa profe Mayte, dende o noso taller de arte e co compromiso que temos na actualidade coa redución dos plásticos, sumámonos a esta protesta elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, dando unha segunda oportunidade a aqueles materiais que atopamos nas nosas casas e na escola e que xa non utilizamos.

Así foi o proceso:








Cando @s nos@s artistas remataron as súas creacións, organizamos no Espazo Fedelleiro unha exposición para que tod@s @s compañeir@s puidesen gozar da nosa creación.









No hay comentarios:

Publicar un comentario