Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para evitalos.
Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa este feito, a través da reforestación.
É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e unha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura do conto “A pequena árbore”, de Ánxeles Ferrer, e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.
A cambio, coma sempre, un agasallo en 3D, a árbore da vida máis un mapa de Galiza imantado.
Ademáis deixou algún máis na escola para levar a cabo unha pequena reforestación no Monticaño nestes días.
Mil grazas por todo!
Fantástico!!! Rai veu encantado
ResponderEliminar