Antes das vacacións, na clase de Inglés, houbo
un grave problema: a tan querida variña máxica de Katrina, Magic Wand,
desapareceu.
Sen ela, non é posible facer maxia, como facer
aparecer a Monkey, contos novos, material para xogar ou novas plantillas para o
escornabot.
O tema era serio, así que todas e todos
puxéronse mans á obra. En primeiro lugar trataron de atopar a Magic Wand, para iso debuxárona tal e como a lembraban e fixeron cartaces coa palabra
"Missing" (desaparecida) que pegaron por toda a escola.
Como non a atopaban, decidiron crear unha nova
variña. Pensaron en diferentes solucións, a primeira
foi a plastilina. Despois de varios intentos, decatáronse de que os
resultados eran pouco resistentes, as variñas non funcionaban e desfacíanse con
facilidade.
Finalmente tiveron a gran idea de crear unha
nova e imprimila en 3D.
Deseñárona elas e eles mesmos empregando o
programa online Tinkercad e imprimírona na impresora 3D.
Esta semana apareceu na bolsa de Katrina de
novo e puideron, por fin, facer aparecer a Monkey, novas historias e xogos
fascinantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario