domingo, 9 de diciembre de 2018

Minimundo: Monte en 3D

Estes días no taller TIC, coa profe Lara, estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D.
É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran.
E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...

 Despois de traballar nela, os nen@s poden gardar fácilmente, premendo na imaxe do disquete, e tamén podemos exportar directamente ao formato que nos interesa para imprimir en 3D.
 E velaquí tedes o magnífico resultado das primeras impresións. Seguiremos creando e imprimindo ata ter un pequeno "minimundo" do monte, co que despois xogaremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario