sábado, 31 de octubre de 2020

Guía de lectura samaín: Desenterra un conto

Recomendacións lectoras polo Samaín que poderedes desfrutar en familia, na Biblio, na tarde da vosa quenda mensual, e que xa están a desfrutar os nen@s neste Samaín.


 

Samaín 2020: Desenterra un conto

Esta semana a BiblioBN preparou unha exposición terrorífica na que cada aula, na súa quenda semanal, podería ir a ler contos de medo, foi arrepiante!

A actividade gustóulles tanto que decidimos prolongala unha semana máis, de xeito que puideran disfrutala un día máis na súa quenda da semana próxima.

 


jueves, 29 de octubre de 2020

Taller Tic: Luces de medo!



 

English Spot

Grazas á participación da escola no Programa Pluriinfantil e ao Plambe, a nosa biblioteca de inglés está cada vez máis nutrida. 

 Este curso inauguramos o ENGLISH SPOT, un punto no noso Espazo Fedelleiro onde podedes atopar diversidade de contos, xogos e música en lingua inglesa. 

 Este material visita regularmente as aulas da man de Katrina e Jose para que todas e todos gocedes do seu uso.



lunes, 26 de octubre de 2020

Samaín 2020: A lenda do Peregrino

Celebramos o samaín cunha videochamada na que presentarán as actividades da semana ademáis de lernos o primer conto de medo "a lenda do peregrino"

Despois desta primeira historia... a BiblioBn espéranos!


Ven a visitarnos!


sábado, 24 de octubre de 2020

#camiñanteSIhaicamiño: Cartelería do Camiño


 

Materiais do Espazo Fedelleiro para empréstito

Nestes días seguimos a preparar e etiquetar novos materiais do noso Espazo Fedelleiro para o empréstito ás aulas e a posta en marcha do Taller de Mates nas mesmas debido a nova situación actual.


Mensualmente poderemos rotar os materiais en préstamo do noso Espazo Fedelleiro ao igual que facemos coas bibliotecas de aula.


viernes, 23 de octubre de 2020

Día das bibliotecas 2020


Celebramos o día das Bibliotecas retomando as boas costumes da nosa biblioteca... 
Volta o préstamo semanal á BiblioBn!
E así de ben o explican os nen@s da aula azul

 

Tamén queremos presentar o noso videoprotocolo das novas normas da biblioteca

E por último!! Coñecemos a "Barri", o logo da nosa biblioteca, creado por María López Pousa, cobrou vida!
Foi @ encargad@ de facer a videochamada, presentar os videos das novas normas, o préstamo semanal e máis os novos carnés da nosa biblioteca.






Venres de Encurtas: Recordando a Carvalho Calero

 


martes, 20 de octubre de 2020

Martes Poesía-Express: Y el domingo?

 Este Martes, na Poesía Express, desfrutamos da poesía e a música do conto "Y el domingo?" de Teresa Portela, da Editorial Combel.




viernes, 16 de octubre de 2020

lunes, 12 de octubre de 2020

EncontXos BN: Online Storytelling II

 Como cada venres Katrina compartirá historias dende a BiblioBN, a través da rede e con todo o centro.

Un novo xeito de compartir historias debido a situación actual.

Este venres comezarán as historias de medo, xa que preto temos o Samaín ou Halloween.


Hoxe contounos "Five Little Pumpkins" e despois escoitamos a canción.



jueves, 8 de octubre de 2020

Tardes de Biblio con Sentidiño!

Voltan as tardes de biblio a nosa escola!


Se queres vir a desfrutar da Biblio deberás respetar a túa quenda. 
Cada aula terá un día asignado. 
Aquí tes o calendario por cores.

Poderás vir acompañado dun adulto e seguindo as medidas de seguridade:


Ven a visitarnos e segue a desfrutar de contos, xogos (...) ademáis de préstamos para levar a casa.
A BiblioBN non para! 

lunes, 5 de octubre de 2020

Encontros BN na rede: Reto 1


Este luns retomamos os Encontros na BiblioBn, pero coma non podemos xuntarnos todos decidimos facelos a través da rede.
O encargado de inauguralos foi o encontro de motivación do noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.
Dúas peregrinas moi especiais, Katrina e Lara, lanzaban un reto dende a Biblio, descubrir cal é o primeiro camiño que vamos a coñecer. Para isto deixaron unha pista relacionada coa Torre de Hércules, xa que aquí  parte este camiño.
Sabedes que camiño é?
Tedes un resumo do que aconteceu neste video:

 
Nesta chamada as dúas peregrinas móstrannos unha fermosa canción, de creación propia, e que podedes escoitar a continuación

E ti? Resolverás o reto? Vémonos nuns días!!

sábado, 3 de octubre de 2020

EncontXos BN: Online Storytelling

Katrina is back!!

 Tódolos venres dende a BiblioBn "Storytelling" a cargo de Katrina. 

Cada venres un conto ou canción en Inglés a través de Skype. 
Por medio desta actividade poderemos ver a súa pronuncia, que na clase non vemos por mor da mascarilla.