Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2024. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas 2024. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 24: ALMA DE VIOLINO

O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.

Recibimos na biblioBN  a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.

Como despedida, despois de meterse no violino de novo, Alma deixounos unha nube de pompas de xabrón.

Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.

Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.


Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.

Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina do blogue do EDLG na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso. 

http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html

martes, 14 de mayo de 2024

Martes Poesía Express: Obelisco

Na semana das letras representamos o poema "Obelisco" de Luísa Villalta xogando coas luces e as sombras ao compoñer o skyline da Coruña.




lunes, 13 de mayo de 2024

Encontros BN en familia: Ana Edreira

 Hoxe, para inaugurar o Mes das letras, contamos con Ana Edreira, intérprete da canción “Isto é Pastoriza”, escrita por Pablo Mariño. Os dous familias de alumn@s e exalumn@s da nosa escola.

Pero antes da esperada canción quentamos motores coa profe Lara, a súa música e instrumentos tradicionais.

Despois, xa con Ana cantamos a canción de Pastoriza, que estamos a traballar neste mes das Letras.

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA E MARTÍN 

por adicarnos o voso tempo e agasallarnos coa voz e o acompañamento musical

As familias contan: O paseo de Rosalía

 Nunca un paseo foi á vez tan pracenteiro e tan arriscado. Cruzando a granxa, un raposo axexa a galiña Rosalía pero, tan torpe e desafortunado, que todos, menos os propios protagonistas, riremos con tantas peripecias..

Grazas a mamá de Lara por este divertido conto que nos trouxo a BiblioBn.

GRAZAS FAMILIA!




jueves, 9 de mayo de 2024

As familias contan no Mes das Letras

Ao escoitar os gritos da señora Xulia, Benita ergueuse; pero, ao empezar a camiñar, descobre que non soa o clinclín, e decátase de que perdeu o cascabel. Así comeza esta divertida historia de Pablo Albo, quen nos fai partícipes da procura apresurada do cascabel por parte desta gata tenra que teme quedarse sen sardiñas por mor deste extravío.
Este foi o conto escollido pola familia de Marina para desfrutar del na BiblioBN.
GRAZAS FAMILIA!
Recordade que podedes levalos en préstamo nas tardes de luns en familia.


 

lunes, 6 de mayo de 2024

As familias contan pero en Maio…EN GALEGO

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…

 Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

 Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.

Esta magnífica e sinxela historia foi a elexida por Julia e Adriana para contarnos neste mes das letras.

GRAZAS FAMILIA!




 

 

sábado, 4 de mayo de 2024

As familias contan: Volcán

 Na illa de Sállvora vive Volcánn, o cabalo máis salvaxe de todos os que viven alá. Un día Volcán viu algo que flotaba na agua e comezou a correr. Correu ao galope, máis que nunca, e os outros cabalos, eguas, gaivotas e corvos quedaban sen alento vendo o que facía.Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a travéss da historia de Volcán, un valente cabalo que soña que é libre para correr ao galope sen límites por terras onde acontecen cousas extraordinarias

Este conto foi o escollido por Idris e a súa nai para contarnos na biblioteca este mes das letras.

GRAZAS FAMILIA!