lunes, 29 de octubre de 2018

EncontXo do Samaín...ou Halloween!


Hoxe tivemos un EncontXo moi especial coa representación de The Haunted House cun teatro de sombras 3D.



Os monicreques son impresións 3D, agás as pantasmas que foron realizadas polo alumnado en cartolina.



Para os monicreques 3D pasamos as imaxes dos personaxes polo SELVA 3D, os redimensionamos no CURA e os imprimimos en cor morada.







Este foi o resultado:

Okupación escornabótica #somosdemonte

Este venres arrincou a Okupación Escornabótica da BiblioBn.
A mochila visitará tódalas casas dos nen@s da nosa escola.
Poderán xogar nas novas plantillas, aprender dos montes e a súa conservación, rexistrar o traballo...e crear unha nova plantilla.

Guía Samaín 2018: Medos Fóra



domingo, 28 de octubre de 2018

Préstamo semanal

O venres pasado arrincou o préstamo semanal das aulas. Cada venres escollemos un conto para ler e con él faremos un pequeno traballo na casa.

Música na BiblioBn: Don Melitón

Este curso estamos a coñecer a música tradicional da man da profe Lara e dos fondos musicais que temos na nosa biblioteca.
A clave de Sol é a encargada de traer as cancións no seu cesto con códigos Qr que nos levan a cada unha delas.
E despois de traballala...aquí tedes o resultado!

jueves, 25 de octubre de 2018

Encontro cun Apicultor: Avó Artai

Hoxe o avó e a mamá de Artai visitaron a BiblioBn para contarnos a súa experiencia como apicultores e a relación cos nosos montes.
Aprendimos unha chea de cousas: cómo traballan as abellas, de que árbores ou prantas recollen o pole, a diferenza do mel (según as colmeas se atopen nun monte ou noutro), as especies invasoras, cómo se extrae o mel... 
Moi interesante!
Coñecimos como é o traxe e as alzadas da colmea e ata puidemos degustar mel.

Moitas grazas Familia polas vosas aportacións!! 
Construíndo coñecemento en Comunidade!
 E de agasallo...colmea e abellas en 3D

Día da Biblioteca


Inspirándonos no bonito póster deste curso decidimos facer un CROMA coa axuda das familias para festexar este importante día.



Co alumnado creamos as transicións co Ipad mediante o programa STOPMOTION STUDIO.




E este foi o resultado:



Feliz Día das Bibliotecas!!!


EncontXo Día das Bibliotecas



Celebramos o día da Biblioteca con diferentes actividades: analizamos o cartel, escoitamos o conto "Poppi, la niña del gorro rojo, y la biblioteca del árbol", coñecemos diferentes bibliotecas en entornos naturais coma a do conto e para rematar...desfrutamos do croma que gravamos coas nosas familias.


martes, 23 de octubre de 2018

#somosdemonte: Bits 3

Martes Poesía-Express: Samaín, que tamén chaman Halloween


Este martes foi a profe de inglés, Katrina, ataviada de bruxa, a encargada de presentar unha "poesía terrorífica" en inglés.
Esta particular "Witch" explicou as tradicións inglesas no Halloween e as comparou coas do  noso Samaín.
Pasámolo de medo!!!
Tamén presentou o recuncho dos "Contos de medo", ao cal teremos que acudir a ler un conto e completar o noso carné para poder recibir un agasallo.
Por último, unha misión, deberemos debuxar os nosos medos e a semana que ven os "queimaremos" no Encontxo "Medos Fóra!"

domingo, 21 de octubre de 2018

Biblioteca Creativa

O venres 19 reunímonos en Compostela (EGAP) mestres dos centros integrados no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa intensa en relación cos contidos deste programa: escornabots, impresión 3D, espazo creativo (espazo maker) na biblioteca escolar.


Alí estivo presente a biblioBN co seu Espazo Fedelleiro para formar a outros mestres coa nosa experiencia e formarnos nós coas experiencias e materiais doutros centros.






Unha xornada de intercambio que resultou moi motivante e inspiradora.

jueves, 18 de octubre de 2018

miércoles, 17 de octubre de 2018

ESCORNABOT: PLANTILLA "O BOSQUE DOS VECIÑOS"

Na bibliobn contamos cunha nova plantilla para o escornabot, elaborada pola profe Lara no taller Tic.
A plantilla recolle a fauna do "Bosque dos veciños" que visitamos a semana pasada. Para xogar ven acompañada dun taboleiro de son feito no Tiny tap, onde escoitamos o son dun animal que debemos identificar para levar o escornabot.

Pincha na imaxe para ver máis



martes, 16 de octubre de 2018

Poesía Express: Colores

Este martes os nen@s de 3 anos protagonizaron a poesía express da semana.
Presentáronnos a poesía"Los colores", que levaban un tempo traballando na aula. Uns artistas!




Poesía express:colores from biblio BN on Vimeo.

lunes, 15 de octubre de 2018

BiblioBn: Fonte de recursos

Coma sempre acudimos a Bibliobn en busca de información para o desenvolvemento do proxecto. Despois de ler unha noticia na aula xurde a necesidade de buscar información, qué significa forestal? Onde podemos buscar?...Na bibliobn
Buscamos no dicionario a definición e comparamos con outras fontes, coma a app do dicionario da Rag, que temos nos ipads descargada, e xa traballamos con ela o curso pasado.
 Despois lemos un conto, "En el bosque del perezoso", que temos no expositor destacado do proxecto, que nos fala da problemática da deforestación.

Preparando o "Día da Biblioteca"

Primeiras tomas!