viernes, 23 de octubre de 2026

Día das bibliotecas

Hoxe reunímonos ba BiblioBN a recordar o tipo de fondos bibliográficos que temos na biblio e como se organizan. Presentamos as mochilas fedelleiras que a semana que vén comezarán a viaxar ás vosas casas e entregamos os carnés aos novos usuarios e usuarias.

 








EnCurta: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

lunes, 19 de octubre de 2026

Volven os luns de LECTURA E FAMILIAS

 Iniciamos as tardes de "Lectura e familias" cunha pequena formación para as persoas usuarias, sobre a tipoloxía de libros que poden atopar na biblio. 

Inauguramos a tarde cunha pequena escola de LIBROS CON MÚSICA, escoitamos poesía, cantamos e bailamos ao son da música.












DÍA DAS ESCRITORAS

 



EU TEÑO UNHA AMIGA...



lunes, 5 de octubre de 2026

COMEZO DO TRABALLO POR ÁMBITOS

 FEDELLEIRO STEAM

-Investigamos características dos animais, pegadas, esqueletos...

-Inventamos novos animais.

-Coñecemos o ciclo da vida de seres vivos (plantas) e plantamos. Debuxamos siluetas de distintos tipos de follas.

-Construimos buxainas con LEGO e experimentamos co movemento xiratorio.

-Compoñemos pezas musicais co MATATALAB e elaboramos unha armónica.





LÓXICA-MATEMÁTICA E XEOMETRÍA

Neste ámbito estamos a traballar arredor do desenvolvemento do pensamento abstracto, a resolución de problemas e a comprensión do espazo. Conteo, agrupación de obxectos, asociación número cantidade, inicio a operaciones básicas, xogos cooperativos de lógica matemática, recoñecemento e reproducción de formas planas básicas, creatividade a partir da xeometría, etc



 ARTE E LETRAS

-Xogos de mesa: fomentamos a expresión oral e o traballo en equipo

-Arte: retos de creatividade e grafomotricidade

-Letras: propostas en parella para practicar a conciencia fonolóxica

-Bandexas: propostas individuais relacionadas coa lectoescritura

-Modelado: creamos coas nosas mans

-Imáns: construímos con imáns e letras móbiles

-Disfraces: inventamos personaxes e historias. Xogo simbólico.

             

             

                    

miércoles, 30 de septiembre de 2026

ENCONTXOS BN: SUPERMAMÁS

 Hoxe arrinca o noso proxecto cunha actividade moi especial no novo Espazo Fedelleiro 

“SUPERMAMÁS”

mamás sorprendentes do reino animal



NOVO ESPAZO FEDELLEIRO


Unificamos espazos convertindo toda a pranta superior en espazo de biblioteca: fondos, materiais, experimentación… 
E o próximo luns… COMEZAMOS!
Tardes de biblio, préstamos de aula, ambientes de aprendizaxe 



 

miércoles, 26 de agosto de 2026

martes, 7 de julio de 2026

CAMBIO DE ANDAR

 Estamos a subir o Espazo Fedelleiro ao segundo andar e unificar todo o espazo de Biblioteca na mesma planta

Estade ben atentos!



martes, 30 de junio de 2026

NOVIDADES MATERIAIS FEDELLEIRO: Materiais montessori

 Estes días recibimos novos materiais que pasarán a formar parte dos nosos fondos e nutrirán a biblioteca.

Estas ferramentas didácticas e manipulativas facilitan o aprendizaxe autónomo, a exploración sensorial e o desenvolvemento cognitivo.

Son materiais pensados para ir do máis concreto a abstracción e a xeneralización dos coñecementos.





sábado, 27 de junio de 2026

PRODUTO FINAL PDI: A CÁPSULA DO TEMPO

 Rematamos o curso cunha xornada no Monticaño, onde pechamos a nosa cápsula do tempo.

-Espiral do aprendido no curso 25-26

-Alumnos e alumnas do curso 25-26

-Foto de alumnas de 1972

-Conto ilustrado no curos 25-26

- Xornal do 19 de Xuño de 2026.








martes, 9 de junio de 2026

Lectura e familias: Migallas Teatro

 Este luns,  grazas ao programa “Lectura e familias” de bibliotecas escolares de Galicia, puidemos desfrutar do espectáculo “CANTACONTOS” do grupo de teatro Migallas. 

E como ben di a súa canción…

CANDO ESTEAS ABURRIDO,

 E NON SAIBAS QUE FACER

COLLE UN LIBRO MEU AMIGO

TODO PODE SUCEDER!

As familias, nenas, nenos e mestras desfrutamos moitísimo desta tarde en familia tan divertida ao redor duns contiños.
Grazas!

viernes, 5 de junio de 2026

EncontRos BN: Anxo Moure e Lucía

 Este venres apareceu unha sorpresa no cole, a profe Lucía agasallounos ca árbore do amor “Cercis siliquamstrum”

E con ela recitounos unha fermosa poesía

 “Cuando estoy entre los árboles”


Máis as sorpresas non quedaron ahí, veu visitarnos Anxo Moure, contador de historias e gran defensor da natureza, e que conta con grandes fans na nosa escola.
Con él desfrutamos das súas historias, do seu carisma e máis plantamos a árbore que nos trouxo Lucía.






miércoles, 20 de mayo de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

martes, 19 de mayo de 2026

ÁMBITO CIENTÍFICO FEDELLEIRO 3*TRIMESTRE

 NO ÁMBITO CIENTÍFICO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA ESPIRAL COMA PATRÓN QUE SE REPITE DA NATUREZA. COÑECEMOS E INVESTIGAMOS ALGÚNS COMA: GALAXIAS, TORNADOS, ANIMAIS, PLANTAS…

PARA ISTO CONTAMOS COAS SEGUINTES PROPOSTAS:

- ESPELLO E PEDRAS VARIADAS: onde podemos reproducir a forma seguindo diferentes consignas

- LUZ NEGRA: Debuxamos aspectos investigados nun soporte diferente e ambientado na luz negra


- ESPAZO CREATIVO: Este espazo foi evolucionando, partindo da espiral de Calder, representamos, exploramos diferentes ténicas plásticas, facemos pequenos experimentos científicos… E coma remate final construiremos a nosa espiral que recolla o traballado no PDI anual.



- Minimundos con luces e sombras


- Recuncho de investigación: A partir dun panel visual escollemos diferentes animais, fenómenos… para investigar 


- Manipulación e clasificación: de cunchas según a forma. Este Recuncho evolucionou dende a manipulación e clasificación nos orbits ata un espazo de clasificación medioambiental en area.


- Mesa de luz: reproducción e creación de diferentes patróns con materiais translúcidos.


- Impresión 3d e Xogos en inglés: Recuncho que non é permanente no que están a reproducir co lápiz 3d o engranaxe que da significado ao noso PDI. E cando contamos no ambiente coa auxiliar de conversa esta leva a cabo xogos en inglés.