Mostrando entradas con la etiqueta Receitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Receitas. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de febrero de 2023

#pegadasdepaz: CULTURA, TRADICIÓN, DIVERSIDADE



 Dolores endulzounos a xornada do venres, cunha receta tradicional deste mes de febreiro:

 ROSQUILLAS.





jueves, 2 de febrero de 2023

#PEGADASDEPAZ: Cultura, tradición, diversidade

 


Hoxe degustamos unha receita tradicional de cataluña, PAN TUMACA. Isa e Brayan explicaronnos a receita.







martes, 25 de octubre de 2022

Martes Poesía-Express: A Cociña da bruxa





Despois de escoitar que cousas hai na cociña da Bruxa...

 TOCA POÑERSE A COCIÑAR!

No espazo Fedelleiro estase a cocer un obradoiro de cociña durante toda a semana. A aula azul xa cociñou unhas ricas galletas co ingrediente protagonista desta semana de Samaín: CABAZA!!!! 

Cada día da semana, cada aula cociñará cadansúas galletas.




SE QUEREDES COCIÑAR NA CASA, ESTA É A RECEITA QUE NOS TROUXO A BRUXA:





sábado, 1 de mayo de 2021

MENÚ DO PEREGRINO

Despois do Encontro cunha peregrina cadaquén realizou o seu menú do Peregrin@, típico ao longo do camiño
Bo proveito!!

 

viernes, 5 de junio de 2020

#QUEDANACASA: RECEITA SEMANAL

Aquí tedes unha rica receita para a fin de semana. Recordade coma sempre que a receita é un momento perfecto para traballar cantidades, cores, tamaños, formas... e tamén a lectoescritura se a reescribes ou fas a túa lista da compra.

viernes, 29 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITA SEMANAL

E se vos apetece... outra receita para facer en familia. Recordade que a receita é perfecta para traballar diferentes aspectos como a lectoescritura, mates...
Bo proveito!!

viernes, 22 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Esta semana a receita ven da man de Katrina, a nosa English Teacher, estate ben atentos!!

viernes, 15 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Coma tódolos venres unha nova idea para o voso receitario. Coma xa comentamos outras veces a receita é unha excusa perfecta para traballar diferentes aspectos (matemáticas, lectoescritura...) dentro dunha actividade divertida, e de compartir en familia.
Sabedes que podedes escribir a nota do súper, a receita, sacar fotos do proceso... e por suposto comela!!

viernes, 8 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Coma tódolos venres unha receita para desfrutar en familia e traballar aspectos coma a lectoescritura, matemáticas... podedes escribir a vosa receita, fotografiala e secuenciar os pasos, facer a lista da compra, contar e calcular os ingredientes...

viernes, 24 de abril de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Coma tódolos venres unha receita para desfrutar a fin de semana.
Recordade que a través dela podemos traballar moitos aspectos matemáticos (conteo, pesos, pasos...), lectoescritura (lista da compra, documentación receita-escribindo os pasos con fotos por exemplo)...


viernes, 17 de abril de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Como xa dixemos noutras ocasións unha receita permite traballar un montón de aspectos e competencias (lingüística, matemática, artística...) a través dunha actividade divertida na que pode participar toda a familia. o seu traballo podería comezar xa na lista da compra para o súper, preparación de ingredientes e utensilios, medidas, cores, lectura, orden na receita... e por último poderíamos escribir ou documentar a nosa receita.
Pois aquí vai a nosa proposta para esta fin de semana!
Esperamos que vos guste!!

viernes, 3 de abril de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Este venres de novo deixámosvos unha receita saudable que podedes facer na casa nos próximos días. Ademáis de pasalo de medo traballaredes aspectos matemáticos (medir, pesar, contar), motrices, lecto-escritura (se despois de facela elaboramos a nosa receita)...

Despois de facela animádevos a escribir a vosa receita numerando os pasos a seguir na mesma. podedes facela a medias, un numera, outro escribe, outro fai o debuxo...

viernes, 27 de marzo de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Ao longo destas semanas iremos compartindo algunha receita saudable que podedes facer na casa durante a fin de semana cos nenos e nenas. Facer unha receita da pé a traballar moitos aspectos: lecto- escritura (escribindo o nome dos ingredientes nun papel), lóxica-matemática (xogando a ir engandindo un alimento na báscula (ata chegar a 250 gramos), conteo ("axúdasme a coller 4 ovos?"), ver os cambios que poden sufrir os alimentos (como están as espinacas antes e despois de batelas, bater os ovos e observar a transformación, como están os alimentos antes de ir ao forno e despois...), a motricidade... se vos apetece animámosvos a que o intentedes, e que observedes como os nenos desfrutan con esa manipulación. 






sábado, 21 de diciembre de 2019

NADAL POLO MUNDO

Celebramos o final do primeiro trimestre cunha festa en familia na que cociñamos, bailamos, desfrutamos de actuacións...


VIAXA EN BARRIONOVO from biblio BN on Vimeo.

lunes, 21 de octubre de 2019

HALLOWEEN COOKING

O pasado xoves Katrina e Kate esperávannos cunha sorpresa no Fedelleiro, cocinaríamos Barnbrack, un pastel típico irlandés de Halloween.
Amasamos, enfornamos, pesamos... e todo en Inglés.




viernes, 28 de diciembre de 2018

Obradoiro de Cociña no Nadal: Galletas de Xenxibre

O Fedelleiro convertíuse de novo nun Obradoiro de Cociña. Todo partíu dun conto traballado nas clases de Inglés...



Con el aprenderon vocabulario xogando co escornabot, cunha nova plantilla relacionada con esta historia.


Elaboraron tamén un libriño da receita coa forma do Gingerbread Man.


Démoslle forma a esta receita cun Obradoiro de cociña no Fedelleiro. Os moldes empregados fabricáronse específicamente para a ocasión coa nosa impresora 3D. Os deseños foron extraídos do Thingiverse.


E por se fora pouco, agasallo dun molde realizado na impresora 3D que xunto coa receita, levaron para casa para poder volver cociñar coas familias os Gingerbread Men de novo.