lunes, 30 de noviembre de 2020

PECHE MES DA CIENCIA

 Hoxe pechamos o mes da ciencia da BiblioBn cunha entrevista, ao redor do coronavirus, dos nen@s da Aula Laranxa a Doutora Patricia Mosquera, médico de urxencias.

Con ela resolvemos moitas dúbidas e soubemos de primeira man cómo se traballa nas urxencias dun hospital.

Moi interesante!!

Grazas!!






MES DA CIENCIA NA BIBLIOBN

Ao longo deste mes, cada clase na súa quenda, baixou ao noso Espazo Fedelleiro para desfrutar dos experimentos que alí tiñamos preparados. Con diferentes experimentos aprendimos más cousas dos virus e coma combatilos.

 

domingo, 29 de noviembre de 2020

viernes, 27 de noviembre de 2020

EnCURTA: 25N


MÚSICA NO CAMIÑO

Esta semana tivemos moi presente a celebración do día da música do pasado 22 de Novembro. Ao longo da semana na aulas estivemos experimentando con diversos ritmos e sons que podemos producir con algún dos elementos que estivemos a investigar e que precisamos para facer o camiño.

Aquí tedes unha pequena mostra!


Música no camiño from biblio BN on Vimeo.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N: "Unha Armadura con Ferruxe"

Polo 25N e grazas a unha subvención do ANPA desfrutamos de 3 sesións de monicreques para o alumnado (unha por clase) a cargo de Garabato Xogos.

Pasámolo de medo!!






Guía de lectura 25N: #camiñanteSIhaicamiño... RESPECTO





 

lunes, 23 de noviembre de 2020

Encontros na rede: Día da música "Entrevista a Luar na Lubre"

 Na sección bibliográfica do noso proxecto anual, #camiñanteSIhaicamiño, contamos co CD "Vieiros e Vieiras", de Luar na Lubre, o cal está adicado a historias de peregrinos. 

Os nenos e nenas están a traballar con el nas sesións de música e xurdiron algunhas dúbidas que trasladamos ó Grupo "Luar na Lubre" en formato de Videoentrevista. 

E velaiquí a resposta!!

Moitas grazas a todo o grupo pola súa colaboración para levar a cabo este traballo, e as familias que fixeron posible a comunicación cos mesmos.

Esperamos poder telos no noso cole nalgún momento de xeito presencial.

 

sábado, 21 de noviembre de 2020

ONLINE STORYTELLING: SHARK IN THE PARK

Un venres máis, gozamos dos "Online Storytelling" dende a BiblioBn. Esta vez escoitamos "Shark in the Park" do autor e ilustrador Nick Sharratt.

Aquí podedes velo de novo:

martes, 17 de noviembre de 2020

#camiñanteSIhaicamiño: Investigamos

Ademáis de investigar na clase, tódalas semanas, acudimos a bibliobn para ampliar coñecementos e seguir aprendendo do noso proxecto, grazas os fondos cos que contamos.

Tamén as familias seguen a axudarnos nesta tarefa.

Con leire soubemos como se chama a construción de pedra que ilustra o noso cartel e que nos indica o camiño: "hito ou mojón"
Observamos e analizamos o seu significado.

Manu contounos a súa visita á torre de hércules, lugar onde podemos iniciar o camiño inglés.

Por último, con aria, coñecemos un pouco máis a torre dende a súa terraza, despois de que subira ata o máis alto.
Grazas as familias por seguir compartindo!


 

Martes Poesía-Express "na rede": Posh Paint

Esta semana a Poesía-Express vén a cargo de Katrina. 

Titúlase "Posh Paint", do libro "Vikings in the Supermarket" do autor Nick Sharrat e foi realizada grazas ao programa "VideoScribe". 

Lembrade que, se vos gustou, tedes á vosa disposición o libro con este e outros poemas, na sección bibliográfica do "English Spot", no noso Espazo Fedelleiro.

jueves, 12 de noviembre de 2020

Impresión 3D: Caixa lógico-matemática

Neste curso tan atípico precisamos dun maior número de materiais de uso individual, polo que estamos a aproveitar as ferramentas do noso espazo creativo para a súa elaboración. A Nosa intención será crear unha pequena caixa por nen@ na que conten con dados, tangram, regretas... e que a poidan utilizar tanto no cole coma na casa, de ser preciso.


Martes Poesía-Express "na rede": Chove en Santiago

 Este martes a profe Raquel foi a encargada da Poesía Express e sorprendeunos coa poesía de Federico García Lorca "Chove en Santiago" musicada por Luar na Lubre.


martes, 10 de noviembre de 2020

Presentando o mes da ciencia na BiblioBn: Atelier científico 2020

 


Neste mes da ciencia estamos a saber un pouco máis dos virus, en xeral, e do coronavirus en particular. 
Para iso a BiblioBn no noso Espazo Fedelleiro preparounos varios experimentos relacionados co mesmo:
- Cómo se comportan: "Selección de bibliografía relacionada"
- Cómo podemos velos: "microscopio e videos relacionados"
- A importancia das máscaras nesta pandemia: "experimento de soplo"
- A importancia do lavado de mans: "O xabrón e os virus"
- A incidencia no noso corpo: "Radiografías na mesa de luz"
Nas nosas quendas, ao longo deste mes, poderemos baixar e experimentar nos diferentes espazos para despois sacar as nosas conclusións.

lunes, 9 de noviembre de 2020

#camiñanteSIhaicamiño: Entrevista a Luar na Lubre

 Na sección bibliográfica do noso proxecto anual, #camiñanteSIhaicamiño, contamos co CD "Vieiros e Vieiras", de Luar na Lubre, o cal está adicado a historias de peregrinos. 

Os nenos e nenas están a traballar con el nas sesións de música e xurdiron algunhas dúbidas que aquí trasladamos en formato de Videoentrevista. 

Sabemos que de seguro o vídeo vai chegar ao grupo, así que agardamos as respostas!


Online Storytelling: We are going on a bear hunt

 


jueves, 5 de noviembre de 2020

Tardes de Biblio en Familia

Voltan as tardes de biblio en familia, dun xeito diferente, pero desfrutando igual dos contos e historias que aquí nos esperan.
Grazas familias por visitarnos!!

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Taller Tic: A Pantasma Peregrina

Despois de traballar neste Samaín a lenda da "Pantasma Peregrina", tentamos reproducila traballando coa luz e a sombra.

 

Obradoiro de Vermislab

Hoxe levouse a cabo o Obradoiro de Biblioteca Creativa que tiñamos pendente do curso pasado e que non se fixera debido a suspensión das clases presenciais.

Foi a cargo de Vermislab que co robot educativo Ozobot nos mostraron a importancia de Reciclar, Reducir e Reutilizar. 

Mediante xogos e creación de circuitos para o robot traballamos ademáis o razoamento, a robótica e programación mediante códigos de cores.







martes, 3 de noviembre de 2020

Martes Poesía-Express "na rede": O libro dos medos

 Esta semana seguimos cos medos na BiblioBn e que mellor poesía que "A Pantasma" do "Libro dos medos"



domingo, 1 de noviembre de 2020

Samaín 2020: Luces de medo

Este venres no espazo fedelleiro desfrutamos, xogamos e experimentamos coas luces que temos no noso recuncho sensorial.

Pasámolo de medo!!

CELEBRANDO O DÍA DO SAMAÍN: BAILES, ENCONTXO... E MOITO MÁIS

ESTE VENRES, DENDE PRIMEIRA HORA, CELEBRAMOS O SAMAÍN RECIBINDO XA @S NEN@S CON MÚSICA DE MEDO!!

DESPOIS A BIBLIOBN PREPAROUNOS CUN ENCONTXO MOI ESPECIAL "SAR SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA", UN CONTO QUE NOS ACHEGA AS GÁRGOLAS DA CATEDRAL DE SANTIAGO E A SÚA HISTORIA.

POR ÚLTIMO, NAS CLASES, TAMÉN SEGUIMOS A DESFRUTAR DA FESTA!!
NO SEGUINTE VIDEO TEDES UN PEQUENO RESUMO.

FELIZ HALLOWEEN OU SAMAÍN!!