jueves, 30 de abril de 2020

#QUEDANACASA: #mesturarte

Xa sabedes a canción de Ani Kuni?
Pois agora a  india sisika vaivos dar un truco para facer a vosa frauta (un dos instrumentos que tocaban os indios)


Se queredes facer unha frauta máis profesional, mirade este vídeo.


Ademáis, podedes viaxar a través deste mapa a outros países e descubrir os seus instrumentos musicais máis representativos! 


#QUEDANACASA XXVI: AS FAMILIAS CONTAN IV "FAMILIA GALICIA"

Pechamos o mes do libro co conto que Galicia e o seu pai Pablo inventaron para nós.
Grazas FAMILIAS!!!

sábado, 25 de abril de 2020

#QUEDANACASA: Novo reto #mesturarte

MÚSICA


A nosa caravana da música non para de viaxar!!! esta vez clave de sol e clave de fa invitaron a un amigo moi coñecido a súa próxima viaxe... cal será o seu destino?




Queredes ser uns auténticos indi@s coma sisika e tiwa? vestidevos de indi@s, bailade a súa canción e pensade o voso nome indio! Podedes mandar un vídeo presentándovos nos dous idiomas ou unha foto co voso nome indio!

E ti!... Queres ser un auténtico indi@?
Anímate!!!

viernes, 24 de abril de 2020

#QUEDANACASA AS FAMILIAS CONTAN II "FAMILIA RAI E ANTÓN"


#QUEDANACASA: RECEITAS

Coma tódolos venres unha receita para desfrutar a fin de semana.
Recordade que a través dela podemos traballar moitos aspectos matemáticos (conteo, pesos, pasos...), lectoescritura (lista da compra, documentación receita-escribindo os pasos con fotos por exemplo)...


#QUEDANACASA XXII: Cada día un conto e os Venres...EnCurta

jueves, 23 de abril de 2020

#QUEDANACASA XXI: DÍA DO LIBRO 2020 "SE EU FOSE UN LIBRO"

Hoxe celebramos o Día mundial do Libro e comezamos con este díptico, da man de Manuel gago e Harold Iglesias.


Dende a BiblioBn mandamos un reto, "Se eu fose un libro... Que sería?"
E velaiquí o resultado coas achegas das familias.


Grazas a tod@s por participar!!
Ademáis tamén pedimos as familias, coma tódolos anos polo mes do libro, que se animaran a ler contos e...
Aí vai o primeiro!


Grazas familia!!!

E coma non podemos levar o noso agasallo do día do libro, aquí vos deixo un agasallo virtual 
"Cóntame un Conto"
(que poderiades facer na casa con pedras, tapóns, chapas...)
Debuxamos diferentes cousas que nos den pé a inventar unha historia, metemos na bolsa (caixa...) e imos sacando unha por unha e inventando a nosa historia (según o que as imaxes nos van suxerindo)
Animádevos a xogar en familia!!!


Por último... "Guía de lectura do Día do Libro"


Preme en cada imaxe para máis información
Bo Día do Libro!!


domingo, 19 de abril de 2020

Preparando o "Día do Libro"

Polo día do libro infantil presentamos este conto "Si yo fuese un libro", de Jose Jorge Letria e André Letria, da Ed.Juventud e propuxemos esta actividade para o mes do libro.

E se ti foras un libro... 

Anímate a pensar que farías se ti foses un libro, escríbeo e fai o teu debuxo inspirándote nas imaxes do conto.
Podería quedar algo así:


Manda un audio dicindo o que che gustaría ser ademáis da foto do teu debuxo ao noso correo abibliobn@gmail.com
(Con todos faremos unha montaxe final)
Animádevos que xa queda menos!
Manda o teu debuxo!

viernes, 17 de abril de 2020

#QUEDANACASA: RECEITAS

Como xa dixemos noutras ocasións unha receita permite traballar un montón de aspectos e competencias (lingüística, matemática, artística...) a través dunha actividade divertida na que pode participar toda a familia. o seu traballo podería comezar xa na lista da compra para o súper, preparación de ingredientes e utensilios, medidas, cores, lectura, orden na receita... e por último poderíamos escribir ou documentar a nosa receita.
Pois aquí vai a nosa proposta para esta fin de semana!
Esperamos que vos guste!!

#QUEDANACASA XVII: Cada día un conto e os Venres...EnCurta

Este venres coñecemos algo máis a cultura India, que estamos a investigar, a través deste fragmento de Disney 


E para coñecer máis cousas dos indios preme na imaxe para desfrutar deste magnífico conto da man de Paco Nogueiras

miércoles, 15 de abril de 2020

#QUEDANACASA XV: Cada día un conto ou unha poesía "Como se dibuja un indio"

"CÓMO SE DIBUJA UN INDIO"  DE GLORIA FUERTES
Despois nas aula propoñemos actividades ao redor da poesía.
Podemos imprimir esta plantilla ou debuxar nun folio un indio ou india e escribir a palabra. 

martes, 14 de abril de 2020

Proposta artística desta semana: WE MAKE CARPETS

"UNHA FESTA PARA OS OLLOS E UN DESAFÍO PARA A MENTE", así presentan a súa obra
Bob Waardenburg, Stijn Van der Vleuten e Marcia Nolte pasaron os últimos anos transformando obxectos e materiais do noso día a día en auténticas obras de arte.
Reivindican que estamos a perder o gusto por gozar do que nos rodea, por iso queren revalorizar a súa calidade, deseño, natureza, ensejo, cores... xa que están a perder a súa belleza debido ao descuido con que o usamos e a facilidad con que os tiramos.
Estes tres artistas holandeses primeiro pensan no material e no espazo e aí empeza... A obra de arte, unha alfombra con elementos coma esponxas de fregar, pinzas da roupa, parafusos, botóns...
Son alfombras construídas a man con materiais cotiáns, cunhas combinacións extraordinarias. O máis curioso é a súa capacidade de ofrecer nas súas obras elementos sorpresa unha e outra vez, transformando objetosAdo día a día en absolutas obras de arte.
Atrevédesvos a adiviñar de que están feitas?







E agora... eres quen de facer a túa alfombra con materiais de refugallo que atopes pola casa?
Saca unha foto e envía a túa obra de arte ao noso correo 
abibliobn@gmail.com

#QUEDANACASA XIV: Cada día un conto "The Napping house"


Ademáis do conto a profe Katrina propón unhas actividades ao redor do mesmo no seu blogue.
Preme na imaxe e desfruta!


E RECORDA!!

MAMÁS, PAPÁS, AVOAS, AVÓS... ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR CONTANDO CONTOS EN FAMILIA COMA FACEMOS TÓDOLOS MESES DE ABRIL NA BIBLIOBN
ENVÍA O TEU VÍDEO LENDO UN CONTO AO NOSO CORREO
(E TAMÉN RECORDA ENVIAR O TEU DEBUXO "SE EU FOSE UN LIBRO" DA SEMANA PASADA)
abibliobn@gmail.com

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!

viernes, 10 de abril de 2020

#QUEDANACASA: Xunt@s podemos

As mestras de Barrionovo temos unha mensaxe para @s nos@s nen@s de Barrionovo!
Ánimo! Xuntos podemos!

miércoles, 8 de abril de 2020

#QUEDANACASA ROCK: "WE WILL ROCK HOME"

Fai uns días lanzamos un reto musical para sacar o lado positivo deste momento que estamos a pasar. Aquí tedes o magnífico resultado.
Eu quedo na casa!
Esperamos que o desfrutedes!

lunes, 6 de abril de 2020

#QUEDANACASA: Recursos para esta Semana Santa

CONTOS/LECTURA



CONTACONTOS ONLINE

MUSEOS
VIISTA VIRTUAL MUSEOS DE GALICIA

TEATRO ONLINE

CREATIVIDADE
MANUALIDADES

OBRADOIROS EN CASA

PINTURA CASEIRA


MÚSICA
CONCERTOS ONLINE

ENGLISH

MOTRICIDADE


XOGOS
XOGOS DE PAPEL E BOLI

REFUGALLO


XOGOS TRADICIONAIS


RECEITAS CON NEN@S



OUTROS RECURSOS


Desfrutade en familia!!