Mostrando entradas con la etiqueta Disciplina positiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Disciplina positiva. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2025

EncontXos BN “Día da paz e Non Violencia”: O Pau da palabra

Hoxe a biblio bn convertiuse en PURO TEATRO!
As profes representaron o conto “Con mis palabras” de Cristina Tébar.
Dúas nenas teñen un conflicto que non son quen de resolver, ata que ao final un pau é a solución.


 
E velaiquí o pau da palabra!
Cada un decorou o seu pau da palabra para levar a casa e poder utilizar cando xurda un conflicto.


miércoles, 11 de septiembre de 2024

Encontros BN: Lendo emocións


Luns 30 Setembro ás 16:30

Luns 7 de outubro ás 16:30

(Taller para acudir en familia: Nais, Pais e nen@s)

jueves, 18 de abril de 2024

ENAPA: “Uso saudable da tecnoloxía” Antonio Rial

 


Hoxe tivo lugar na Nosa escola un encontro no que puidemos compartir a necesidade do uso responsable das tecnoloxías e os perigos que estas poden significar nun futuro non moi lonxano para @s nos@s pequen@s.


Quedou claro que esta é unha labor conxunta da comunidade educativa, de ahí a necesidade un traballo conxunto, común e consensuado no que familia e escola traballen xuntas. 
Non tentamos de denostar as novas tecnoloxías senón de saber utilizalas con sentido e finalidade, seleccionando contidos, tempos, con control, seguridade…

martes, 21 de noviembre de 2023

ENAPAS: Bibiana Infante “Disciplina Positiva”


Unha xornada para a reflexión ao redor da maneira de educar e coma afrontar novos retos.
Dúas palabras clave, Amabilidade e firmeza, as claves do éxito, e coma non, paciencia e perseverancia.
Mestras e familias traballamos na mellora das nosas habilidades da man dunha experta como é Bibiana Infante.