martes, 28 de febrero de 2017

Caixa de Repostos do Escornabot

Reutilizamos unha caixa na que facemos e numeramos nove compartimentos, un por cada peza plástica do Escornabot. No exterior pegamos a plantilla co despece para poder asociar cada peza ao seu número.
Agora toca imprimir os repostos e colocar cada un no seu compartimento:




Gardamos a caixa no Recuncho Fedelleiro:


Así vai a Okupación Escornabótica

Deixándonos coa boca aberta ...


miércoles, 22 de febrero de 2017

Encontro: Eli Ríos


Eli Ríos visitou a biblioBN e mostrounos a vida e obra de María Victoria Moreno co seu libro da Colección Mulleres Bravas da Nosa Historia da Editorial URCO.
Achegounos á figura desta mestra e escritora que namourou da nosa terra e da nosa língua. Leunos as súas historias que queren que, como ela, amemos "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".






lunes, 20 de febrero de 2017

domingo, 19 de febrero de 2017

Espazo Fedelleiro da biblioBN

Pouco a pouco vai medrando ese espazo no que atopamos distintos materiais para facer e fedellar ...



Acción Poética LIV: Día de Rosalía


Os Inventos de Leonardo

Mergullándonos na historia da robótica, atopámonos cos Inventos de Leonardo que estamos a traballar no taller de Arte. Creamos un pequeno espazo na entrada do cole no que, polo momento, están o autómata e a máquina de voar.



Pinchade na imaxe para ver como o estamos a traballar:


#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017

Un ano máis celebramos a Rosalía sumándonos á proposta da AELG: creamos, dixitálmente, as nosas máscaras de Rosalía e fotografámonos en familia.




Así as fixemos empregando os editores Prisma e Paint Art:

martes, 14 de febrero de 2017

Encontro: De maior quero ser ... enxeñeira en robótica

ingrob




Vía Mujeres con ciencia

Analizamos a imaxe do cartel, na que atopamos moitas imaxes que falan de ciencia e de robótica. Deducimos que a muller que aprece no cartel ten que ser científica ou médica. Despois vemos o vídeo no que se xuntan estas dúas opcións: unha enxeñeira robótica que traballa para un hospital.


viernes, 10 de febrero de 2017

Onde se Encontran os Escornabots? II


Os maiores do CEIP Milladoiro de Malpica, contactaron con nós desde a súa biblioteca para contarnos do seu traballo co escornabot no taller dos venres robóticos.
Nós presentámoslles as plantillas coas que xogamos nas titorias e na aula de A.L., da impresora 3D ...
Canto aprendemos uns dos outros !!!
Tamén recibimos un encarguiño: imprimirlles unha roda xa que lles rompeu unha.

Grazas a Marta e aos rapaces e rapazas de Malpica !!!



lunes, 6 de febrero de 2017

Martes: Poesía Express VI


Mañá, 8 de marzo, Eduardo Pondal cumple 182 anos.
Resultado de imagen de eduardo pondal

Celebrémolo cun dos seus poemas máis significativos:

sábado, 4 de febrero de 2017

O noso traballo en Igualdade na Radio Galega

     Resultado de imagen de galicia por diante radio galegaImagen relacionada


Onte, participamos no programa da Galicia por Diante para falar do noso traballo en Igualdade.
Non vos perdades as entrevistas previas a Ana Torres Jack, orientadora e escritora, e a Ana Hermida, que tanto conta en feminino na nosa biblioteca.



viernes, 3 de febrero de 2017

Xornada Robótica no IES de Pastoriza

Hoxe visitamos o IES Pastoriza onde profesorado e alumnado de 3º e 4º amosáronnos o seu traballo coa robótica.




Moitas grazas!!!

jueves, 2 de febrero de 2017

Venres de EnCURTAS: As piramides de Exipto



Vía Trafegando Ronseis

EncontXo: A Voda dos Paxariños


Hoxe, 2 de febreiro, celebramos a que din que debía ser a verdadeira festa dos namorados: As Candeas ou Candeloria

"A partir da Candeloria,
ningunha ave voa soa."



Coñecemos da súa existencia grazas ao Calendario Etnográfico de Arteixo 2017 co que nos agasallou o Concello. Neste, o Departamento de Normalización Lingüística do Concello convídanos a un fermoso e documentado percorrido polas celebracións anuais arteixáns.




Así aprendemos que a festa de hoxe "anticipa a chegada da primavera e o renacer da natureza."



Cada encargado recolle as candeas para facer o traballo:


E preparámolo:




miércoles, 1 de febrero de 2017

Premios por Ler en PAZ

Os encargados de cada aula entregaron o rexistro completo da lectura dos libros para Ler en Paz. A cambio recibiron os agasallos para os seus compañeiros: unha persoa impresa en 3D.