lunes, 20 de diciembre de 2021

Reto #barrionautasEastronovos: Astronóm@s relevantes da nosa historia


Durante este mes estivemos a investigar estes 3 astrónom@s, despois dunha pista que nos deixou a nosa mascota da BiblioBN "barri"

Investigamos nos contos, libros informativos... a través dos vídeos do blog da bibliobn (recursos)  e por último traballamos cada un en equipo:
Velaiquí o resultado!

Croma de Nadal... en Familia!

Este Nadal... viaxamos polo ESPAZO!

E así o fixemos...
Grazas por participar e facer escola entre tod@s!

PREME AQUÍ para ver cómo fixemos a árbore

miércoles, 15 de diciembre de 2021

Non é unha caixa?

Esta é a fabulosa instalación que levou a cabo a profe Lucía, mestra en prácticas no noso centro.
Despois de escoitar o conto "Non é unha caixa", de Antoinette Portis, @s nen@s de 6º  puideron manipular, transformar, imaxinar, crear... apropiándose dos materiais para xogar, aprender, descubrir...
Imaxinades cales foron algunhas das súas creacións? Pois si! Cohetes, naves espaciais...
#barrionautasEastronovos polo Espazo!

 

viernes, 10 de diciembre de 2021

Estampando constelacións en 3D: Postais solidarias

Así fixemos as nosas postais creativas de Nadal:
1ºDeseñamos as estrelas na App Doodle 3D
2ºImprimimos na Impresora 3D
3ºPegamos en cortizas e fixemos tampóns
4ºEstampamos as estrelas e creamos as nosas propias constelacións


Velaiquí o resultado!!


Venres de encurtas: Over the Edge of the Universe

jueves, 9 de diciembre de 2021

"Fotografando o espazo"

Este nadal fotografamos o espazo a partir de materiais non estruturados do noso Espazo Fedelleiro:
Constelacións
Planetas
Galaxias
Pensamos, construímos, imaxinamos e... 
fotografamos!
Estas son algunhas das nosas creacións!



 

Moldes do espazo en 3D

Traballando ao redor do espazo decidimos deseñar os nosos propios moldes para a plastilina: cohetes, estrelas...
Deseñamos na app Dooddle 3D e despois enviamos ao correo da biblio para poder redimensionar e imprimir. Velaiquí o fabuloso resultado!


miércoles, 8 de diciembre de 2021

CONSTRUÍNDO NO ESPAZO FEDELLEIRO

RETOS EN EQUIPO NO ESPAZO FEDELLEIRO: CONSTRUÍR, IMAXINAR, COMPARTIR E COOPERAR A TRAVÉS DO XOGO E DA MANIPULACIÓN DE MATERIAIS ESTRUTURADOS E NON ESTRUTURADOS.
O RESULTADO: ESTRELAS, CONSTELACIÓNS, COHETES E INCLUSO... VOLTA O CAMIÑO DE SANTIAGO!