martes, 12 de diciembre de 2017

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Titorial Selva 3D

No seguinte titorial explicamos como empregamos o programa Selva 3D para poder imprimir deseños propios.

      

Escornabot e Impresión 3D: Sumando

Imprimimos dados, da cor de cada aula, para poder practicar o cálculo. O modelo tomámolo do repositorio Thingiverse.


50 aniversario de Kids Coding

Este luns, o Doodle de Google convidaba a xogar cun coello que recolle cenorias e, así, celebrar os 50 anos de Logo. Esta é unha linguaxe de programación creada noas anos 60 polo MIT para axudar aos máis pequenos na escritura en código.




As palabras clave do proxecto MEDRAN !!!

E o fan co que imos investigando e aprendendo:




E cos agasallos que recibimos, como o que nos fixeron no Museo de Belas Artes:


Entrega de premios do II Concurso Fotográfico

O II Concurso Fotográfico dos Oficios Artesanais, trouxo a biblioBN carpinteiros de ribeira, oleiros, zoqueiros ebanistas...



Tod@s @s participantes recibiron un caleidoscopio de madeira natural.



lunes, 4 de diciembre de 2017

O que investigamos da Carta Xeométrica de Fontán

Vídeo-resumo do traballo do alumnado arredor da Carta Xeométrica de Domingo Fontán.
Investigando a partires do Encontro de presentación , da visita dun Topógrafo e das pescudas nas aulas.



Así o gravamos co croma:


viernes, 1 de diciembre de 2017

Encontro Día da Discapacidade


Tod@s xunt@s para falar de capacidades...


Coñecemos o portal de Política Social Da xunta de Galicia, para saber do tratamento a este colectivo no noso país.


Nel temos acceso á información de todas as asociacións que traballan en Galicia pola integración da discapacidade:


Tamén ao tratamento, que na nosa lingua, debemos darlles:


Porque tod@ somos capaces
nun mundo para tod@s!!! 

Venres de EnCURTAS: El Regalo

jueves, 30 de noviembre de 2017

Unha de Romanos !!!

Seguimos avanzando con pé firme, como as lexións romanas, na Historia do noso País.
E así é que ata aquí, e moitos outros sitios máis, chegarón as tropas do Xulio César e outros emperadores, para formar o chamado Imperio Romano.


Callaecia pasou a charse Gallaecia e a ser unha das provincias romanas. Aquí establecéronse varios campamentos, dos que aínda quedan vestixios:

 
Estableceron un sistema de calzadas para favorecer as comunicacións:


E deixaron moitas pegadas na arquitectura civil: pontes, faros, murallas, oratorios...


 mosaicos, termas...


Fundaron cidades como Lucus Augusti, pero tamén obtiveron moitos beneficios da explotación mineira (ouro, prata e estano) que fixeron ao carón dos ríos ou a ceo aberto:


Despois pasamos a rexistralo na nosa liña do tempo:




Tedes máis información no seguinte vídeo:

        

miércoles, 29 de noviembre de 2017

A Volta a Galicia no Museo de Belas Artes

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes para dar unha volta a Galicia a través da súa música e da súa arte.


Asociamos cada obra escollida cunha das categorías do proxecto: País, Literatura, Mitoloxía, Gastronomía, Arte, Folclore, Historia, Patrimonio, Natureza e Lingua.


As buscamos no panel, escaneamos o QR e escoitamos a peza musical.




De volta na escola realizamos un mural coas preciosas acuarelas que nos deron no Museo en cada obra.






viernes, 24 de noviembre de 2017

Dándolle unha Volta á Igualdade en Familia


EncontXo 25N: A Historia en Feminino


Hoxe recibimos a visita de Ana hermida quen, como todos os anos por esta data, nos conta a Historia en Feminino.
Este ano e dentro do proxecto anual, falounos de mulleres que fixeron e fan historia en Galicia.


Presentounos todos as rúas de arteixo que levan nomes de muller, algúns moi coñecidos por nós :


Moitos nomes e historias femininas sobrevoaron a biblioBN, agardemos que deixen pegada:

Agradecemos a Ana a súa visita e que nos faga pensar sobre o papel das mulleres na nosa Historia:


Esta actividade conta coa subvención do CIM de Arteixo.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Encontro Día Da Música: Instrumentos Tradicionais Galegos


Hoxe María, a mamá de Artai, deleitounos cun Encontro Musical con Instrumentos Tradicionais Galegos.



Pandeireta, tamboril, castañolas, gaita... Gozamos coñecéndoos e escoitándoos.


Agradecémoslle a visita cun orixinal agasallo en 3D.



Moitas Grazas! O pracer foi noso!