Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa fouliada.

Moitas grazas a ANPA pola axuda e colaboración, a Paula, mestra en prácticas polo achegamento a cultura galega, e a todas as familias pola participación no día de hoxe.
 


Venres de EnCurtas: Chegou o magosto

 

viernes, 11 de noviembre de 2022

Magosto 2022

 Grazas ao ANPA, ás familias, e a toda a comunidade por este día de compartir e festexar as nosas tradicións


miércoles, 14 de noviembre de 2018

Novas Plantillas do Escornabot para Días de Frío e Castañas

Nestos días nas clases de Inglés leron un conto titulado “Snow” de Sam Usher que aproveitaron para traballar as prendas de vestir máis quentiñas, ademais doutro vocabulario enmarcado dentro das rutinas diarias e o tempo atmosférico.




Tamén xogaron co escornabot cunha nova plantilla baseada no vocabulario a traballar.





Na Aula de A.L. xogaron cunha plantilla para o traballo da discriminación visual, atención, vocabulario e razoamento verbal onde buscaban as imaxes relacionadas co Magosto.




viernes, 10 de noviembre de 2017

EncontXo do Magosto: Os pequenos Barbanzóns

Aproveitamos a festa do Magosto para coñecer un pouco máis da vida castrexa da man de Os Pequenos Barbanzóns :



Os protagonistas da historia toman o seu nome da Comarca do Barbanza,alí viven no Castro de Baroña.
Localizámolo no mapa e vemos a marabillosa fotografía do libro "Galicia,todo un mundo".


E despois seguimos coa festa do Magosto 2017.

martes, 7 de noviembre de 2017

Martes-Poesía Express: Xosé Neira Vilas


Hoxe limos unha poesía de Xoán Babarro que falaba do Magosto e outra de Xosé Neira Vilas, o persoeiro que aparece no noso calendario durante este mes:

martes, 15 de noviembre de 2016

miércoles, 11 de noviembre de 2015

EncontXo do Magosto



O alumnado de 5 anos recitou refráns e poemas do libro editado na biblioBN no 2013 : "E ti que dis ... do Magosto", que recolle a recompilación feita coas aportacións das familias.






sábado, 17 de noviembre de 2012

A CASTAÑEIRA

Presentación do conto A CASTAÑEIRAde Ana Martínez Rey, traballado na hora de TICS por Aida e o alumnado de 5 anos.
O texto, reproducido coa técnica do Kamishibai, foi interpretado polos seus autores na festa do Magosto.

          

martes, 15 de noviembre de 2011

Un Magosto de Conto

O día do San Martiño celebramos o Magosto na nosa biblioteca coa lectura dun conto moi lambón "El Gato Tragón".
O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.



miércoles, 2 de noviembre de 2011

Tempo de Magosto


Toma castaña !!!
 
Xa estamos en novembro , o mes dos magostos .Pinchade na foto e atoparedes recursos para celebrar un magosto de Toma castaña !!!
Tamén podedes atopalos na barra lateral do blog :Recursos de temporada