martes, 22 de diciembre de 2020

Reto navideño

 Reto navideño da aula laranxa co material 3D imantado do Espazo Fedelleiro de empréstito nas aulas.



Croma “Virus Xacobeo” coas familias

 As familias da BiblioBn tamén están a facer o noso camiño dun xeito moi especial, queredes velo?


Grazas a tod@s pola vosa colaboración e comprensión neste inicio de curso tan diferente
Feliz 2021!!

domingo, 20 de diciembre de 2020

Encontro de Nadal: Visita do apalpador e Novo reto #camiñanteSIhaicamiño

 

Este venres visitóunos o Apalpador para contarnos cales son os seus superpoderes pero ademáis onde vive e cal é o seu traballo.

O Apalpador vive no Courel, preto deste pasan moitos peregrinos, xa que O Courel se extende entre O Cebreiro (punto de entrada do Camiño De Santiago en Galicia), e o río Sil.

Pois ben, propoñémosvos un novo reto para este Nadal, investigar algo deste novo camiño:

-Nome deste camiño

-Percorrido, etapas e kilometraxe

-Entorno natural do camiño: montes, paisaxes, ríos...

-Entorno histórico: monumentos no camiño

...

Podedes escoller unha das cousas e facer un video, mural, enviar fotos, audios ...

A continuación algúns enlaces con información interesante:




Grazas e Bo Camiño!!

jueves, 17 de diciembre de 2020

Os materiais do fedelleiro: xoguetes estrela das aulas

Na aula azul contan co "xoguete estrela" que rota polos equipos e que ben pode ser un xoguete estrela para a carta dos reises.

jueves, 3 de diciembre de 2020

Encontros BN na rede: Día da diversidade

No día de hoxe cobra moito sentido a mensaxe do conto que levamos a traballar toda a semana.

Non todos somos iguais


Pero iso é o divertido

E por iso, hoxe falamos con Lúa, falamos da artrogriposis e falamos das súas moitas capacidades.
 
Unha charla con moitos valores de fondo onde damos visibilidade á súa diversidade.

Grazas familia!




miércoles, 2 de diciembre de 2020

martes, 1 de diciembre de 2020

Martes Poesía-Express: A meiga

Poesía extraída do conto "Acuario" de María Canosa e Dani Padrón, edicións embora.