Este luns, grazas ao programa “Lectura e familias” de bibliotecas escolares de Galicia, puidemos desfrutar do espectáculo “CANTACONTOS” do grupo de teatro Migallas.
E como ben di a súa canción…
CANDO ESTEAS ABURRIDO,
E NON SAIBAS QUE FACER
COLLE UN LIBRO MEU AMIGO
TODO PODE SUCEDER!
As familias, nenas, nenos e mestras desfrutamos moitísimo desta tarde en familia tan divertida ao redor duns contiños.
ONTE, 21 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL, CUN CONCERTO NO QUE ESCOITAMOS MÚSICAS DE TODO O MUNDO. AO SON DO ACORDEÓN E O VIOLÍN DO DÚO CAMANDULA.
O ACORDEONISTA, VICTOR, É O COMPOSITOR DA MÚSICA DO HIMNO "ISTO É PASTORIZA", XUNTOS CANTAMOS CON EL A CANCIÓN.
O pasado 22 de novembro foi o día da música, pero como tiñamos unha actividade de teatro na escola, aplazámolo para hoxe.
E como a música está en todas partes, hoxe enchemos o noso barrio de música:
Fumos ao mercado de Benjamín, onde nos picou unha formiga:
Tras a picadura, tivemos que visitar a farmacia a ver que remedio nos iba mellor...e lembramos todo o que necesitou "o burro" da canción tradicional para curarse...
Para a convalecencia...unha parada na librería para descansar lendo un conto...
E que mellor que unhas flores para por fin atoparnos moito mellor, e poder volver a xogar e brincar como unha bolboreta no xardín..