miércoles, 30 de octubre de 2019

Okupación Escornabótica #mesturarte

Todo preparado con plantillas relacionadas co noso proxecto #mesturarte, 1 escornabot, cámara de fotos, 1 conto, 1 DVD, e a libreta onde recolleremos toda a experiencia. 
Desfrutade en familia!!

Poesía-Express do Samaín: Monstruos patas arriba

A profe Desi sorprendeunos coas arrepiantes rimas de "Monstruos patas arriba" da Ed. Vicens Vives.



Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas... 
Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).




Pasámolo de medo!!!

sábado, 26 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño IV

E chegou o día da despedida. O programa Lecturas no Canmiño remata por este curso. Foi un mes cheo de sorpresas, descubrimento, aceptación, tolerancia, agarimos, escoita...e como non de lecturas!






Grazas Marta e Brus!!!
Agardámosvos no vindeiro curso!

jueves, 24 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas: EncontXo "Os superalimentos"

Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun EncontXo sobre alimentación saudable e horta.
E despois...que millor día que este para facer entrega dos carnés aos novos usuarios deste curso, as nenas e nenos de 3 anos. E coma non podía ser doutro xeito foron os maiores os encargados de facer a entrega.

martes, 22 de octubre de 2019

EncontXo Musical

Estas semanas nas clases de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.



Grazas a Miguel, Iria e Isma hoxe gozamos co noso folclore.




Para agradecerlles a visita entregámoslle unha pandeireta 3D.



Moitísimas grazas!!!

Martes Poesía-Express: Polas Rúas


Este martes tocou un poema cun teatriño de Ana María Fernández incluído no seu libro "Pola Rúas dos Versos" e musicado por Mamá Cabra.




lunes, 21 de octubre de 2019

HALLOWEEN COOKING

O pasado xoves Katrina e Kate esperávannos cunha sorpresa no Fedelleiro, cocinaríamos Barnbrack, un pastel típico irlandés de Halloween.
Amasamos, enfornamos, pesamos... e todo en Inglés.




domingo, 20 de octubre de 2019

EncontXo: O coelliño Branco

Este venres na BiblioBn o famoso "Coelliño Branco" foi apañar "Nabizas", en lugar de "Coles", para un caldiño.
Esta historia serviu para introducir o tema e aproveitar para plantar as nabizas no noso horto.

Foi a profe Raquel a que nolos trouxo da súa casa para transplantar.
E así o fixemos!

Grazas Raquel polo agasallo!
Esperamos poder facer un caldiño coma o coelliño!



Lecturas no Canmiño III

De novo este venres gozamos da lectura coa axuda, apoio e agarimo de Marta e Brus. Grazas a eles logramos estar cada vez máis tranquilos, interesados, atentos e comunicativos.





Un pracer!!!

miércoles, 16 de octubre de 2019

Poesía-Express: Día das escritoras II

Este Martes a Poesía Express regalounos diferentes fragmentos de escritoras galegas, da man desta escritora tan especial que nos visitou.
Acompañada da súa máquina de escribir, escribía e recitaba os fragmentos que recordaba.
Despois, cada clase retratouse emulando a escritora.
Aquí tedes...o resultado!


lunes, 14 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño II

Despois da primeira sesión de toma de contacto, este venres voltaron Marta e Brus para comezar coas lecturas apoiadas para practicar e mellorar as habilidades lectoras e de comunicación do alumnado.