sábado, 27 de marzo de 2021

Okupación escornabótica: Plantillas familias

CADA VEZ QUE LEVAMOS EN PRÉSTAMO A MOCHILA DO ESCORNABOT COMPARTIMOS COS COMPAÑEIROS AS NOSAS PLANTILLAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO A TRAVÉS DAS CALES COÑECEMOS NOVAS COUSAS DO NOSO PROXECTO: LUGARES SIGNIFICATIVOS, A RECICLAXE, GASTRONOMÍA, PAISAXES...
TAMÉN COMPARTIMOS AS NOSAS EXPERIENCIAS DA CASA COMPARTINDO E XOGANDO EN FAMILIA, GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
POR ÚLTIMO ESTAS PLANTILLAS PASARÁN A FORMAR PARTE DOS XOGOS DO NOSO EQUIPO PARA XOGAR CO ESCORNA NA CLASE.





 

viernes, 26 de marzo de 2021

Venres de encurtas: Ormie the pig


Deseño 3D: Animáis da contorna do inicio do Camiño Francés

 A aula de 3 anos, comezou neste segundo trimestre a investigar sobre a fauna da contorna do inicio do Camiño Francés. 

Despois de aprender un montón de cousas, deseñaron o animal investigadoa través da APP Doodle3D para logo imprimilos  na nosa impresora 3D. Agora xa camiñan libres polos bosques do Courel.

 





miércoles, 24 de marzo de 2021

Encontros BN na rede: Experiencias dunha peregrina



Unha entrevista moi significativa na que os nenos e nenas demostraron o aprendido durante este trimestre sobre o CAMIÑO FRANCÉS e onde puideron solventar algunha que outra dúbida.

PAULA, familar de Andrea, realizou o Camiño Francés tres veces comezando sempre en Pedrafita. Algunhas das preguntas e respostas máis interesantes:

-Gustouche facelo?: Si, moito, e quero volvelo a facer unha cuarta vez.

- Había moita xente?: Si, o camiño de Santiago faino moita xente de outros lugares, e coñeces a un montón de xente. Eu coñecín persoas do País Vasco, Andalucía, Cuba...

- Como fixeches o Camiño?: As tres veces o fixen andando.

-Probaches algunha comida típica?: Nos restaurantes sempre había o " Menú do peregrín", que normalmente tiña Caldo Galego de primeiro prato, e tarta de Santiago de postre.

- Cansabaste? Camiñabas moito?: Un pouco si que cansas. Hai que madrugar moito. Levantábame as 6 da mañá e camiñamos ata a hora de xantar. Máis ou menos 20 km cada día. Pola tarde descansabamos e paseabamos polas vilas.

-Cal foi o sitio que máis che gustou?: O sitio máis bonito foi RIBADISO, onde no albergue había cuadras de cabalo, e durmín mirando as estrelas metida no saco. 

-Viches fitos?: Si, todo o camiño está cheo de sinais que indican por onde seguir, coa frecha amarela.

- Subiches moitas escaleiras?: Si nalgún sitio hai que subir escaleiras,
-Sería na escalinata de Portomarín? Pode ser , si tes razón. 

-Viches as Pallozas no Cebreiro: Si, ademáis alí moitas das antigas pallozas agora son tendas.

-Había moitas costas? Si, moitas. Pero o peor non é subilas. É baixalas. Eu manqueime nos xeonllos nas baixadas.

-Que cousas levabas na mochila?: Uns tenis, o saco, roupa...e o finalizar cada etapa limpábamos os pés con alcol de Romero.

- Como te sentiches ao ver a Catedral?:  Moi emocionada. Pero o momento máis bonito para os peregríns é cando se chega ao Monte do Gozo. Alí todo o sufrimento do Camiño, ten a súa recompensa.


Ademáis amosounos unha chea das súas fotos...






lunes, 22 de marzo de 2021

Poesía Express: "Día da poesía e a primavera"

 Esta semana celebramos a O día da poesía e a chegada da primavera coa poesía "Golondrina" de Mar Benegas, do seu libro "Versos como una casa".

Recordamos a estas aves que, dun xeito tan especial, regresan neste tempo para preparar os seus niños.

 

miércoles, 17 de marzo de 2021

Chegan novos materiais: "Spacio"

Seguen a chegar novas adquisicións para o noso Espazo Fedelleiro e que serven de empréstito ás aulas

Okupación escornabótica #camiñanteSIhaicamiño: Primeiras achegas

Chegan as primeiras mochilas da Okupación escornabótica.
Ainara preparou unha plantilla sobre as comidas do camiño.

Izan preparou a súa de animais do camiño



Grazas Familias!!