Mostrando entradas con la etiqueta Os Nosos Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os Nosos Xogos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

miércoles, 25 de marzo de 2026

Transmisoras no tempo: Os xogos do pasado

Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traballamos o correo postal, as partes dunha carta, os enderezos, ubicamos no mapa o noso lugar e a onde iamos mandar as cartas; coñecimos á carteira do barrio Rosalía, limos contos relacionados. Coñecimos as partes dunha carta e a  ESCRIBIMOS. Agora esperamos as respostas... 

Coñecimos as idades das nosas transmisoras e ubicámolas na táboa do 100, compoñendo números, contando, comparando....




Xogamos moito, e grazas a Llere, a nosa profe de prácticas, coñecimos o cadro "Xogos Infantís" de Pieter Bruegel. Fixemos unha listaxe dos xogos das nosas avoas e unha guía visual de algún deles. 



Entrevistamos as nosas avoas; xogamos as chapas, petancas, goma, comba, mariola, tres navíos, 4 esquinitas....Elaboramos tabas; aprendimos a xogar en equipo, a compartir e esperar quendas de xogo.




Pechamos o traballo do  trimestre elaborando un títular que resume a esencia do traballado durante o mesmo.

Unha creación artística coas letras como protagonistas para conformar a portada da colección dos xogos que fomos coñecendo grazas as nosas Transmisoras do tempo.


E CELEBRAMOS todo o aprendido cunha saída ao Campo da Chave da  nosa vila.


Pero atención!! Unha última carta está por chegar!










miércoles, 18 de mayo de 2016

Festexamos as Nosas Letras

Xuntámonos na biblioBN para festexar o día grande da nosa língua.
Os nenos e nenas da aula de 5 falannos da vida e obra de Manuel María:


Aida presenta o audiovisual gravado co poema "Galicia":




O taller de arte desta semana traballa na biblioteca coa portada dun dos libros do poeta:







Estos son os traballos realizados nas aulas ao longo destes días:



jueves, 17 de septiembre de 2015

Os Nosos Xogos : Barrionovo 2016

Xuntanza da biblioBN, o EDLG e Psicomotricidade para desenvolver unha unidade sobre os xogos tradicionais e editar un libro co traballo do alumnado.

Accede aquí