Ao longo destas semanas iremos compartindo algunha receita saudable que podedes facer na casa durante a fin de semana cos nenos e nenas. Facer unha receita da pé a traballar moitos aspectos: lecto- escritura (escribindo o nome dos ingredientes nun papel), lóxica-matemática (xogando a ir engandindo un alimento na báscula (ata chegar a 250 gramos), conteo ("axúdasme a coller 4 ovos?"), ver os cambios que poden sufrir os alimentos (como están as espinacas antes e despois de batelas, bater os ovos e observar a transformación, como están os alimentos antes de ir ao forno e despois...), a motricidade... se vos apetece animámosvos a que o intentedes, e que observedes como os nenos desfrutan con esa manipulación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario