domingo, 22 de marzo de 2020

We will rock home

Estamos a preparar unha cantiga moi especial! Axudádesnos?

Unha vez máis queremos contar coa participación das familias para a elaboración do videoclip dunha nova canción. Porque queremos buscarlle o lado positivo a ter que quedar na casa!

Como o imos facer?

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Grabade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos mails da escola:

abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Animádevos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario