lunes, 15 de octubre de 2018

BiblioBn: Fonte de recursos

Coma sempre acudimos a Bibliobn en busca de información para o desenvolvemento do proxecto. Despois de ler unha noticia na aula xurde a necesidade de buscar información, qué significa forestal? Onde podemos buscar?...Na bibliobn
Buscamos no dicionario a definición e comparamos con outras fontes, coma a app do dicionario da Rag, que temos nos ipads descargada, e xa traballamos con ela o curso pasado.
 Despois lemos un conto, "En el bosque del perezoso", que temos no expositor destacado do proxecto, que nos fala da problemática da deforestación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario