viernes, 7 de diciembre de 2018

Atelier Creativo no Espazo Fedelleiro

Este mes preparamos, dentro do noso Espazo Fedelleiro, un "Atelier creativo" cos materiais de refugallo que alí temos.
Cada aula poderá ir pasando polo mesmo, en pequenos grupos, para crear o seu adorno de nadal, que despois colgaremos da nosa estrutura de madeira a modo de instalación navideña.

Incluso antig@s alumn@s participaron o martes pola tarde coas súas familias.
Aquí tedes as primeiras creacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario