martes, 18 de diciembre de 2018

Encontro #somosdemonte "As familias contan": Videoconferencia co tío de Artai

Este luns tivemos a sorte de falar por videoconferencia co tío e padriño de Artai, que ten unha profesión moi de monte, coma o noso proxecto. É Enxeñeiro Forestal polo que nos falou da súa profesión, en que consiste, como nos benefician os montes, como os debemos coidar e que cousas podemos facer para contribuír a sostenibilidade dos mesmos e do planeta.
Tamén preguntámoslle algunha cousa e máis falamos doutras que aprenderamos co noso proxecto.
Moitas grazas por participar, aínda estando lonxe!!!
Grazas por aportar tanto ao noso proxecto e aprender en comunidade.
E aínda que esteamos lonxe...faremos chegar o agasallo da Bibliobn.

No hay comentarios:

Publicar un comentario