Polo Día da Música tivemos un EncontXo moi especial e relaxante co que inauguramos o Espazo de Acougo do Fedelleiro, mesturando a lectura de Respira da Ed. Fragmenta con pezas musicais e posturas de Eduyoga.
Agora tod@s os que necesitemos acougo xa sabemos onde atopalo...
Para rematar a xornada musical levamos un agasallo, unha maraca feita na Impresora 3D. O diseño é do Thingiverse, páusase a impresión na metade e introducimos uns graos de arroz dentro, despois retomamos a impresión e como resultado temos unhas maracas cun son moi relaxante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario