Unha nova plantilla chega ao Espazo Fedelleiro, pero comprobamos que o escornabot non pode percorrela xa que non é capaz de seguir as liñas.
Que faremos?
Aprendemos dos graos que miden as curvas cos xiros do escornabot. Percorremos un círculo, un semicírculo e un cuarto e vemos que os xiros son cada vez a metade do anterior:
O xiro de 90 graos do robot sobrepasa o ángulo da plantilla. Recortamos para saber o que precisamos:
E medimos o ángulo que queda:
Temos que cambiar o xiro a 60 graos. Lembramos que para modificar a programación temos que facer unha conta chamada "regra de tres" coa axuda das mestras e a calculadora facémola:
Despois cambiamos a cifra no Arduino e cargamos o escornabot:
Agora toca probar que funciona:
Marcamos o escornabot e a caixa para saber que este xira diferente:
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar