martes, 25 de noviembre de 2014

Contamos a Historia en Femenino

Grazas a Ana Hermida e ao CIM do Concello de Arteixo.


Ana contounos  historias de superación e xenerosidade de mulleres que deixaron unha pegada importante na historia da humanidade.
Achegounos a estas mulleres a través do libro "La Liga de las Mujeres Extraordinarias".




Así coñecimos historias extraordinarias, como a de Marie Curie que da nome a unha das rúas que andamos a descubrir.
Tamén aprendimos a cantidade de obxectos da vida cotiá que foron inventados por mulleres.

O dito, MULLERES EXTRAORDINARIAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario