martes, 26 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: "Chove en Santiago"

Este martes para gozar da Poesía Express baixamos ao Espazo Fedelleiro, onde nos estaba a esperar unha instalación con pinguiñas de auga feitas na nosa impresora 3D e o retroproxector cunha sorpresa que preparou Alba.

As pinguiñas fóronas deseñando todo o alumnado coa axuda da aplicación  Doodle3D durante o Taller Internivel.


No retroproxector agardaba o título do poema de Federico García Lorca "Chove en Santiago" e mentres soaba de fondo o poema cantado por Luar Na Lubre observamos o que ocorría.


Despois xogamos coas pinguiñas da instalación para rematar a Poesía Express.


lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía 2019: #libreOMeuPensamento

Hoxe pechamos a celebración do Día de Rosalía co visionado do video realizado polo equipo de normalización, a partires do traballo do cartel deste ano #libreOMeuPensamento. 
Ver aquí todo o proceso

E máis unha gran sorpresa que apareceu no noso patio despois de regar o poema sensorial da poesía express da semana pasada.

viernes, 22 de febrero de 2019

EncontXo Entroido: os mandadiños do Grúfalo

Hoxe Irene presentounos o conto do Grúfalo, o cal serviu de inicio o entroido cos seus mandadiños.
Cada día O Grúfalo "mandará" unha das cousas que deberemos traer cada día da semana.


Escaneando o Grúfalo co Aurasma poderemos ver os videos dos mandadiños.

Despois de ver o primeiro dos videos decoramos o Grúfalo co primeiro mandadiño "plumas".
Seguide ben atentos!!

Atelier Creativo III: "Circuiteando"

Estes días preparamos un novo Atelier no que vamos a confeccionar máscaras para o entroido.
Pero ademáis de decoralas, con diferentes materiais, vamos a poñerlles...luz!

E para saber en qué consiste e cómo funciona estivemos a experimentar cun sinxelo circuito, do que despois falamos para descubrir porqué acendía o led. Abraiante!!!


Venres de Encurtas: Monkey and Me




jueves, 21 de febrero de 2019

Encontro Hortícola: Papá Ainara Carril

Esta mañá Ainara Carril e o seu papá, deleitáronnos cun encontro hortícola.


Veu a nosa escola para plantar "Repolos" e "Col Kale"
Con eles estivemos a aprender unha morea de cousas do horto e do cuidado sostible do mesmo, aspectos que podemos aplicar tamén o cuidado dos nosos montes e do noso entorno, coma a reciclaxe.

Para ver todo o proceso e máis fotos PINCHA AQUÍ

 E para despedirnos... 
Agasallo 3D e firma no noso libro!!
Moitísimas Grazas Familia!!!