Este luns tivemos unhas convidadas de luxo na biblioBN, as veciñas de Dona Emilia (Asociación de veciñas de San Martín de Meirás) coas cales puidemos iniciarnos no mundo do gancho, facendo cadenetas coas nosas mans acompañadas tamén das nosas familias.
Replicando o formato de actividade realizado por elas na asociación, comezamos coa lectura do conto "Maruchi e o gancho" de Laura Cid Rascado para pasar, a continuación ao traballo manual.
Unha tarde máxica onde os saberes das nosas mulleres, a ilusión dos pequen@s e a calor das familias teceron recordos inesquecibles.





No hay comentarios:
Publicar un comentario